O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.

Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

ESTRUTURA DO TEXTO "É UN ERRO GRAVE..."

NON COLGUEI A CORRECCIÓN DO TEXTO ANTES PORQUE ESTIVEN SEN INTERNET NA PONTE. (ESPERO QUE CHE CHEGUE A TEMPO, FERREIRO!!)

O texto de “É un erro grave …” pódese estruturar en tres partes ben definidas :
A 1ª parte abrangue desde o principio ata a terceira liña. Nela preséntase a tese que se vai desenvolver na 2ª parte: a muller non debe formarse unicamente para ser esposa e nai .

A 2ªparte, desde a liña 4 á liña 11. Nesta parte achéganse os argumentos en defensa da tese proposta na 1ª parte: a muller debe desenvolverse e realizarse como persoa buscando o oco que desexe na sociedade. Ademais debe ter dereitos e deberes, pois unha muller con estas características será unha boa esposa e nai.

A 3ª parte, desde a liña 12 ata ó final, recolle a conclusión do dito anteriormente: a falta de personalidade anula o desenvolvemento de viúvas e solteiras.



TAMÉN VOS MANDEI BUSCAR NO TEXTO PALABRAS QUE PERTENCESEN A FAMILIAS LÉXICAS IRREGULARES. APARECEN TRES: PERSONALIDADE (que xa está vista na clase), RECLAMAR (tamén vista) E VIDA (vitalmente, vitalidade, vital, vidarego, invidente, vitalicio,....)

No hay comentarios: