SINTAXE. OS CONSTITUÍNTES DA CLÁUSULA.
SUXEITO. Definiremos o suxeito desde un punto de vista funcional como o constituínte que está en relación formal co predicado e polo tanto concerta co verbo en persoa e número. A función de suxeito vén desempeñada xeralmente por unha frase nominal ou substantiva ou por un substituto pronominal: "Ela vai na escola"; "O veciño non me fala".
Segundo Arcadio Casanova, os casos de suxeito introducidos por “entre” ou “ata,” non poden considerarse unha excepción porque aínda que “entre” e “ata” son formalmente preposicións, funcionalmente non o son, xa que cando introducen un suxeito funcionan como adverbios de reforzo co significado “conxuntamente” e “mesmo” respectivamente. Ex: “Entre ti e Manolo fixestes todo o traballo”. “Ata ela recoñeceu a verdade”.
PREDICADO. A gramática tradicional, atendendo a un criterio semántico, define o predicado como o que se di do suxeito. Ademais, tradicionalmente, distínguese entre un Predicado Verbal: Núcleo (verbo predicativo) + Complementos, e un Predicado Nominal: Núcleo (verbo copulativo) + Atributo. Nós, seguiremos mantendo esa diferenza tradicional entre o predicado nominal e o predicado verbal, aínda que non manteremos o binarismo suxeito-predicado da gramática tradicional. Así pois, seguindo o estruturalismo funcional de Guillermo Rojo, para nós, a función de Predicado estará desempeñada, só, polo núcleo da predicación: un elemento predicativo, con significado léxico ( verbo predicativo, xeralmente en forma persoal) ou un elemento nominal, baleiro de significado que cumpre unha función meramente conectiva entre o Suxeito e o Atributo (verbo copulativo).
C.D. É o termo que completa o significado dos verbos transitivos e sobre o que recae directamente a acción verbal. Esta función está desempeñada por unha frase nominal, unha frase substantiva ou substituto pronominal. Ex:"Vendeu o coche" / "Vendeuno" "Hoxe comín mazás" / "Hoxe cominas".
*Ocasionalmente o C.D pode estar desempeñado por unha frase preposicional introducido pola preposición a :
Cando o complemento directo é un nome de persoa ou cousa personificada: "Ti odias a Luís".
Cando existe posibilidade de confusión entre o suxeito e o C.D: "Chamou a Xoán"./ "Derrotaron os gregos ós romanos".
Cando o C.D é un pronome persoal tónico, ou un pronome relativo quen. Ex:"A nós chamounos por teléfono". /"Vivía cun home a quen amaba apaixoadamente."
Cando queremos destacar ou darlle énfase á idea contida no complemento directo, un dos procedementos de que dispón a lingua é colocar o complemento directo no inicio da cláusula, e repetilo despois por medio dunha forma átona do pronome persoal, que recibe o nome de complemento directo pleonástico ou enfático. Ex: " As chaves perdinas na praia".
*Ocasionalmente o C.D pode estar desempeñado por unha frase preposicional introducido pola preposición a :
Cando o complemento directo é un nome de persoa ou cousa personificada: "Ti odias a Luís".
Cando existe posibilidade de confusión entre o suxeito e o C.D: "Chamou a Xoán"./ "Derrotaron os gregos ós romanos".
Cando o C.D é un pronome persoal tónico, ou un pronome relativo quen. Ex:"A nós chamounos por teléfono". /"Vivía cun home a quen amaba apaixoadamente."
Cando queremos destacar ou darlle énfase á idea contida no complemento directo, un dos procedementos de que dispón a lingua é colocar o complemento directo no inicio da cláusula, e repetilo despois por medio dunha forma átona do pronome persoal, que recibe o nome de complemento directo pleonástico ou enfático. Ex: " As chaves perdinas na praia".
C.I. Semanticamente é aquel que recibe indirectamente a acción do verbo. Formalmente caracterízase porque é unha función desempeñada por unha frase preposicional introducida pola preposición “a” e, en ocasións, “para”. Aínda que tamén pode desempeñar esta función unha frase substantiva constituída por unha forma pronominal átona de dativo(me, che, lle, nos, vos e lles). Ex: “Déulle a razón ó veciño”. / “Tróuxoche un libro”.
COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL. Este complemento indica as circunstancias que inciden sobre a acción verbal. Pode ser de varios tipos: de lugar, tempo, modo, cantidade, etc, respondendo polo tanto ás preguntas onde?, cando?, como?, canto? respectivamente. A función de C. Circunstancial está desempeñada case sempre por frases preposicionais e adverbiais. Ex: "Comeron na túa casa"; "Chega mañá", etc. ocasionalmente tamén pode desempeñar esta función unha frase nominal. Ex: “ Teus pais chegaron esta mañá”.
COMPLEMENTO AXENTE. É un tipo de circunstancial introducido pola preposición "por" e característico das cláusulas pasivas. Desde un punto de vista semántico, podemos dicir que este complemento indica o axente da acción verbal. A función de C. Axente está desempeñada sempre por unha frase preposicional introducida pola preposición "por" e é un complemento opcional das cláusulas pasivas, aínda que normalmente soe aparecer. Ex: "O rapaz foi denunciado ( polo veciño)".
ATRIBUTO. Expresa unha calidade atribuída ó suxeito mediante un verbo copulativo. Suxeito e atributo concertan, polo tanto, en xénero e número. A función de atributo está desempeñada xeralmente por unha frase adxectiva ou unha frase substantiva. Ex: "O libro está roto"; "Iso é mentira". Nalgún caso a función de atributo pode estar desempeñada por unha frase adverbial. Ex: "Ela é así"; e máis raramente por unha frase preposicional. Ex: "Ese rapaz é de Pontevedra". Ás veces pode desempeñar esta función unha forma pronominal átona de 3ª persoa (o, a, os, ...), que está a substituír a unha frase nominal ou substantiva. Ex: ¿Esa é a filla de Xoana? Non, non a é.
COMPLEMENTO PREDICATIVO. Caracterízase por ter unha dobre incidencia funcional: ademais de modificar o Suxeito ou CD (con quen concerta en xénero e número), tamén modifica, circunstancialmente, ó verbo (coma se fose un circunstancial de modo). Habitualmente esta función está desempeñada por unha frase nominal/substantiva ou frase adxectiva. Ex:"Os comensais chegaron cansados á reunión" / “Nomeárono alcalde”. Aínda que como sucede co Atributo, ocasionalmente tamén pode desempeñar a función de C. Pdvo unha frase adverbial ou, mesmo, preposicional. Ex: “Tomárono por un heroe” / “Véxoo moi ben”.
SUPLEMENTO OU COMPLEMENTO RÉXIME. Ten unha función e significado semellantes ás do CD, de feito poderíase dicir que é un CD introducido por preposición. Formalmente, distínguese del porque o suplemento aparece introducido por unha preposición réxime do verbo. Trátase, polo tanto, dunha función desempeñada por unha frase preposicional (na que o termo pode conmutarse, na meirande parte dos casos, por unha forma tónica do pronome persoal). Ex: "Preguntou polos rapaces"; "Estou pensando en ti". / "Tirou co cesto no chan". / "Vai comendo na mazá”. / “ A nai chamaba polo fillo”.
Alarcos fala de catro tipos de Suplemento: o esixido polo verbo e incompatible co CD (“Falaron do partido toda a tarde”/ “Acordouse da súa irmá”), o esixido polo verbo e o CD (“Confundín ó teu veciño co teu profesor”), o suplemento inherente, polo tanto obrigatorio e substituíble por un adverbio (“ Na actualidade resido en Vilalba”) e o atributivo (“Tachárono de cobarde”) .
VOCATIVO. Trátase dunha frase substantiva que fai unha apelación a quen se dirixe o verbo principal, reclamando a súa atención. Por esta razón sitúase na marxe da cláusula e non cumpre ningunha función dentro dela. É moi frecuente que o núcleo da frase substantiva sexa un nome propio ou un pronome persoal ( que non ten por que coincidir co suxeito). Ex: “Paco, sabes onde me puxeron as chaves?”.
COMPLEMENTO DE INTERESE. Expresa a persoa subxectivamente afectada pola acción verbal. Emprégase frecuentemente na fala coloquial, mesmo concorrendo con outras formas do pronome átono ( por exemplo, o pronome de solidariedade). Esta función está desempeñada por formas pronominais átonas: "O rapaz moito pantalón che me leva gastado". "Esta Charo non se che nos coida nada".
COMPLEMENTO DE SOLIDARIEDADE. É un complemento que se emprega para implicar ó interlocutor ou interlocutores no que se está a dicir aproximándoo(s) afectivamente á acción expresada polo verbo. Esta función está desempeñada polas seguintes formas pronominais. Ex:"Este cabalo éche ben bravo." /"D. Xosé, élle tarde para coller o tren. / "O neno évos ben espabilado." /"O galego élles a lingua oficial da nosa Comunidade”.
- Analiza sintacticamente as seguintes cláusulas:
Tirou coa navalla entre as árbores.
O champán hai que tomalo frío.
Foi anunciado pola radio o cese do ministro.
Os xogadores, a miúdo, atópanse fatigados.
De cando en vez vai falar cos profesores.
O arco da vella é un fenómeno meteorolóxico.
Desde a túa casa vese un horizonte montañoso.
Ás veces a xente perde o control.
Coincido plenamente no enfoque da cuestión balcánica.
O traballo na fábrica desenvolvíase a un ritmo lento e pesado.
Entre ti e el volvédesme tola.
Esta estrela de mar, se cadra, está viva.
Rapaz, atende á explicación da profesora. - Analiza as formas pronominais átonas que aparecen nos seguintes enunciados:
Gústacheme ben o pan deste forno.
Gústamevos ben o pan deste forno.
A roupa non se che me lava soa.
Non che vos esquezades das patacas, hai que comérchellelas todas.
Debeu dicírllelo antonte pola noite.
Non che me vos salta nada.
Vóucheme de aquí, neniña, que xa as estrelas van altas.
Véndesechevos a leira que hai a carón do teu muíño.
Pegáronselle por unha cousiña de nada.
Váiteme lonxe, que non te quero ver nin en pintura.
Non se che dan as cebolas nesta leira.
Pareceume túa irma pero non sei se o era.
No hay comentarios:
Publicar un comentario