Nas seguintes palabras, aparece indicado, en primeiro lugar, o valor semántico dos morfemas derivativos e, despois, o seu valor categorial.
Contradicir: contra- dicir. O valor semántico do prefixo é o de contrario. /O seu valor categorial é: elemento formador de verbos a partir de verbos.
Argallante: argalla- nte. O sufixo é axentivo. /O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de verbos.
Supermercado:super-merc-ado. O prefixo ten un valor intensificativo e o sufixo é locativo (indica lugar). / O valor categorial do prefixo é o de formador de substantivos a partir de substantivos, o valor categorial do sufixo é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Escravitude: escrav-itude. O sufixo indica “calidade de”. / O seu valor categorial é o de formador de substantivos a partir de adxectivos.
Avogaducho: avoga-d-ucho. O 1º sufixo, que é unha variante de –ado, indica profesión, e o 2º sufixo –ucho, ten un valor despectivo. / O valor categorial dos dous sufixos é: elemento formador de substantivos a partir de verbos).
Abrideiro: abri-deiro. / O sufixo ten valor axentivo, é dicir indica o axente da acción. / O valor categorial do sufixo é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
*Carpinteiro: palabra derivada porque no latín tamén o era. A base léxica é carpint- e o sufixo –eiro e indica profesión./ O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Parvada: parv-ada. O sufixo indica “calidade de”. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de adxectivos.
Mordedura: morde-dura. O sufixo indica “acción de”. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Carballeira: carball-eira. O sufixo ten valor locativo –indica lugar-. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Acedume: aced-ume. O sufixo indica “calidade de “. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de adxectivos.
Barbudo: barb-udo. O sufixo indica “calidade”. / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de substantivos.
Amable: ama-ble. O sufixo indica “calidade”. / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de verbos.
Agudeza: agud-eza. O sufixo indica ´´calidade”. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de adxectivos.
Papado: pap-ado. O sufixo ten valor temporal (duración dun mandato). / O valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Hipertensión: hiper- tensión. O prefixo ten un valor intensificativo. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Comediante: comedia-nte. O sufixo indica profesión. / O valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Vestidura: vestid-ura. O sufixo ten valor colectivo (indica conxunto de pezas, neste caso, de vestir). / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Tuberculose: tubercul- ose. O sufixo indica enfermidade. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Irrenunciable: i-rrenuncia-ble. O prefixo ten valor nocional e indica negación. O sufixo indica calidade. / O valor categorial do prefixo é elemento formador de adxectivos a partir de adxectivos. O valor categorial do sufixo é: elemento formador de adxectivos a partir de substantivos.
Corredor: corre-dor (co significado de “paso no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos”) o sufixo ten valor locativo – pois indica lugar-, pero co significado de “persoa que participa nunha carreira), o sufixo ten valor axentivo –pois está a indicar o axente-. / O valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Liberdade: liber-dade (-dade é unha variante do sufixo –ade). O sufixo indica “calidade”. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de adxectivos.
Sinatura: sina-tura. (O sufixo –tura é unha variante de –ura). O sufixo indica acción. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Alborada: albor-ada. O sufixo ten valor temporal. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Hepatite: hepat (elemento grego de formación de palabras) -ite. O sufixo ten valor nocional e indica enfermidade. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos.
Transatlántico: trans-atlántico. O prefixo ten valor nocional e significa “a través de”. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de adxectivos, se consideramos transatlántico coma un substantivo, pero se o consideramos un adxectivo, entón o valor categorial do prefixo é: elemento formador de adxectivos a partir de adxectivos.
Camisola: camis-ola. O sufixo ten valor aumentativo. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Librería: libr-ería. O sufixo ten valor locativo –indica lugar-. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Doazón: doa-zón. O sufixo indica acción. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Formulario: formul-ario. O sufixo ten valor colectivo. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Mentireiro: mentir-eiro. O sufixo caracterizador ou que indica “calidade”. / O valor categorial do sufixo é: elemento formador de adxectivos a partir de substantivos.
Boticario: botic-ario. O sufixo indica profesión. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Agresor: agre-sor. O sufixo axentivo –indica o axente da acción-. / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de substantivos.
Lanzal: lanz-al. (deriva de lanza). O sufixo é caracterizador pois indica calidade. / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de substantivos.
Intramuscular: intra- muscul-ar. O prefixo ten valor nocional e significa “dentro de”. O sufixo –ar (que non está recollido nos apuntes que vos dei), indica “relación” (igual que -esco en “trovadoresco”, -ítimo en “marítimo”, -ico en “numérico”, -estre en “terrestre” ou –ino -entre outros-, en “alpino). / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de adxectivos.
Pagamento: paga-mento. O sufixo indica acción. / O seu valor categorial é elemento: formador de substantivos a partir de verbos.
Bispado: bisp-ado. O sufixo ten valor locativo –refírese o lugar onde xurisdición un bispo-. / O valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Illamento: illa-mento. O sufixo indica acción. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Grandísimo: grand-ísimo. O sufixo ten valor intensificativo. / O seu valor categorial é: elemento formador de adxectivos a partir de adxectivos.
Trobador: troba-dor. O sufixo indica profesión. / O seu valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de verbos.
Sementeira: sement-eira. Co significado de “época apropiada para sementar”, o sufixo ten valor temporal, pero co significado de “acción e efecto de sementar”, o sufixo indica acción. / O valor categorial é: elemento formador de substantivos a partir de substantivos.
Agarrada: a- garr-ada. O prefixo ten valor nocional e significa “aproximación”, e o sufixo indica acción. / O valor categorial do prefixo é elemento formador de verbos (agarrar) a partir de substantivos (garra). E o valor categorial do sufixo é: elemento formador participios e adxectivos a partir de verbos.
Inseguro: in-seguro. O prefixo ten valor nocional e significa “negación”. / O seu valor categorial é:elemento formador de adxectivos a partir de adxectivos.
Trátase dun blog que inclúe información sobre aspectos gramaticais de lingua galega, con propostas prácticas e, nalgúns casos, solucións. Tamén recolle información sobre a produción literaria galega: tendencias literarias, autores, obras, textos, ...etc. A información aparecerá organizada mediante diferentes etiquetas. O blog tamén inclúe imaxes, vídeos, comentarios e enlaces a páxinas que, creo, poden ser do interese dos alumnos.
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario