CUESTIÓNS SOBRE FONÉTICA E FONOL0XÍA.
1. Que é un dígrafo?.
Dúas letras que representan un mesmo fonema.
2. Que é un fonema?
A unidade máis pequena na que se segmenta o signo lingüístico, sen significado pero con valor distintivo.
3. Que é un son?
A realización física e concreta dun fonema.
4. Que é unha grafía?
A representación gráfica dun fonema.
5. Cal é o trazo que opón as vogais palatais ás velares?
A localización ou punto de articulación.
6. Poderían ter o fonemas máis dunha representación gráfica?. Pon exemplos.
Si, por exemplo o fonema oclusivo bilabial sonoro /b/ represéntase mediante dúas grafías b ou v. Ou o fonema oclusivo velar xordo /k/ que se representa mediante a grafía c ou o dígrafo qu
7. Cal é a diferenza entre ditongos crecentes e decrecentes?.
Que nos ditongos crecentes as vogal débil aparece na marxe explosiva da sílaba e nos ditongos decrecentes aparece na marxe implosiva.
8. Cantos fonemas consonánticos hai en unha?
Hai un único fonema consonántico, a nasal velar sonora representada mediante o dígrafo nh.
9. Cal é o elemento fundamental da sílaba?.
O núcleo en el sempre aparece unha vogal.
10. A secuencia IU/UI é hiato ou ditongo? E cando leva til? Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Se vai en sílaba átona é sempre ditongo. En sílaba tónica, se a maior forza de voz recae no 1º elemento é ditongo e leva til segundo as regras xerais de acentuación. Ex: pediu. Se a maior forza de voz recae no 2º elemento, é hiato e leva til sempre para indicalo. Ex: miúdo. Pero cando esa secuencia vai precedida de consoante velar, aínda que a maior forza de voz recaia no 2º elemento, considérase ditongo e levará til segundo as regras de acentuación. Ex: acuífero, bilingüismo.
11. Indica os trazos que permiten opoñer os seguintes pares de fonemas:
/f/-/s/:punto de articulación. /b/-/t/: punto de articulación e tarzo e xordo-sonoro, /m/-/n/ punto de articulación, /l/-/m/: modo de articulación e punto de articulación, /r/-/l: modo de articulación, /k/-/g/: punto de articulación e trazo xordo-sonor, /a/-/e/punto de articulación e abertura, /o/-/e/: punto de articulación e /i/-/u/: punto de articulación.
12. Que é a gheada?.
É a realización da oclusiva velar sonora /g/ como unha aspirada farínxea [h]. Na escrita a pronuncia con gheada represéntase mediante o dígrafo gh. Ex. ghato.
13. Que é o seseo?. Que tipos de seseo coñeces?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
É a realización da fricativa interdental xorda /θ/ como unha fricativa alveolar xorda [s]. O seseo pode ser implosivo se se dá na posición implosiva da síaba. Ex. lus (no canto de luz), explosivo se se dá na posición explosiva da sílaba. Ex. casar (no canto de cazar), ou total se se dá en todas as posición.
14. Por que en posición tónica o sistema vocálico do galego ten 7 fonemas e 5 grafías para representalos?.
Porque nas vogais de abertura media, en posición tónica hai diferenza entre abertas e pechadas, ou dito doutro xeito, porque nas vogais de abertura media o grao de abertura é pertinente.
15. Que trazos permiten opoñer as vogais ás consoantes?.
Que as primeiras son todas sonoras (as consoantes poden ser xordas e sonoras), que nelas o aire sae libremente pola boca sen atopar ningún obstáculo (nas consoantes atopa algún obstáculo na saída pola boca) e que as vogais son sempre silábicas ( aparecen sempre no núcleo polo que poden constituír sílabas por si mesmas), fronte ás consoantes que son asilábicas, isto é, aparecen sempre nas marxes da sílaba.
16. Define os seguintes fonemas: /b/ oclusiva bilabial sonora, /k/oclusiva velar sonora, /s/fricativa alveolar xorda, /m/nasal bilabial sonora, /f/fritcativa labiodental xorda, /θ /fricativa interdental xorda , /t/, /∫/ fricativa palatal xorda, /l/lateral alveolar sonora, /r/ vibrante múltiple alveolar sonora e/p/oclusiva bilabial xorda.
17. Que é un tritongo?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Cando unha secuencia de tres vogais forman parte da mesma sílaba, para iso nas marxes teñen que aparecen vogais débiles e no núcleo unha vogal forte. Ex. cambiei
18. Cales son os trazos comúns a todas as vogais?.
Que son todas sonoras, nelas o aire sae libremente pola boca sen atopar ningún obstáculo e son sempre silábicas
19. Cantos fonemas ten o sistema vocálico do galego en posición final? Razoa a resposta.
Só tres fonemas, un de abertura máxima /a/ e dous de abertura media /e/, /o/. En posición final absoluta non hai vogais de abertura mínima nas voces patrimoniais do galego, é por iso que nesta posición, o sistema vocálico do galego aparece reducido a tres fonemas coas súas correspondentes grafías.
20. Pode existir unha sílaba sen marxes silábicas?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Si, porque o núcleo silábico é suficiente para formar unha sílaba. Ex. a-noi-te-cer, unh-a
Trátase dun blog que inclúe información sobre aspectos gramaticais de lingua galega, con propostas prácticas e, nalgúns casos, solucións. Tamén recolle información sobre a produción literaria galega: tendencias literarias, autores, obras, textos, ...etc. A información aparecerá organizada mediante diferentes etiquetas. O blog tamén inclúe imaxes, vídeos, comentarios e enlaces a páxinas que, creo, poden ser do interese dos alumnos.
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario