O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.

Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

jueves, 4 de noviembre de 2010

CUESTIONARIO LITERATURA. TEMA1

CUESTIONARIO DE LITERATURA. TEMA 1
1. Que factores determinaron a consolidación do nacionalismo galego, no 1º terzo do século XX?.
A aparación das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, a Xeración Nós e o Partido Galeguista.
2. Que son as Irmandades da Fala e cal foi o seu labor?
As Irmandades da Fala, foron asociacións culturais (creadas en 1916 polos irmáns Vilar Ponte), que a partir da defensa da lingua desenvolveron todo un ideario reivindicativo político e nacionalista. No campo da cultura deseñaron os primeiros intentos de normalización lingüística, potenciando o uso do galego na escola, con publicacións de carácter pedagóxico, e promovendo aqueles xéneros literarios, pouco cultivados ata o momento, como a novela e o teatro.
3.
Que papel desempeñou o Seminario de Estudos Galegos no proceso normalizador?
Seminario de Estudos Galegos é o responsable de que se publicaran importantes traballos científicos na nosa lingua.
4.
Como contribuíu o Grupo Nós á consolidación do nacionalismo galego?
Os homes de Nós, que tamén se integraron no Seminario, contribuíron, moi especialmente, á consolidación do nacionalismo, realizando a 1ª definición teórica do mesmo, que aparece recollida no ensaio de Risco Teoría do nacionaliso galego. Ademais, participaron na formación do Partido Galeguista e protagonizaron múltiples accións que contribuíron á elaboración do malogrado Estatuto de Autonomía.
5.
Que é o que caracteriza a produción literaria nos primeiros anos do século?
Que serán unha continuidade do século anterior, no sentido de que a lírica segue a ser o xº máis cultivado.
6. Cales
son os poetas que marcan esa continuidade co Rexurdimento e en que escolas ou tendencias literarias se inscriben?
Dous serán os poetas que van marcar esa continuidade co Rexurdimento decimonónico: Noriega Varela e Ramón Cabanillas, representantes, respectivamente de dúas escolas poéticas diferentes: a Escola Tradicionalista e a Escola Renovadora.
7. Por que se caracteriza a Escola Tradicionalista e cal é o seu máximo representante?
Porque nela se integran todos aqueles poetas que rexeitan a influencia de modas e literaturas alleas. O seu máximo representante é Noriega Varela.
8.
Cal é a produción literaria de Noriega Varela?
Toda a súa obra aparece recollida nun único volume titulado Do ermo, que pasou por varias edicións. A 1ª aparece baixo o título de Montañesas. E as posteriores, que sufriron varias modificacións, aparecen co título Do ermo.
9. Qu
e dúas tendencias se poden apreciar na produción poética de Noriega Varela e cales son os trazos que as caracterizan?
Na súa produción podemos distinguir dúas tendencias: unha poesía constumista e unha apartado de lirismo da natureza. En canto á 1, ª N. Varela segue a liña decimonónica, elaborando composicións que glosan a dura vida dos labregos, centrada arredor da montaña (a ela pertencen a maioría das pezas publicadas na 1ª edición). Mentres que no apartado do lirismo da natureza, quedan incluídos aqueles poemas nos que N. Varela abandona o realismo labrego adoptando un ton culto e refinado e centrándose no intimismo máis puro, arredor da soidade do ermo da montaña.. Tamén trata outros temas que se achegan aos tópicos clásicos latinos como o locus amoenus da montaña, a morte ou o paso do tempo. Ademais, nestas composicións máis líricas, podemos apreciar a influencia dos poetas portugueses, na utilización do soneto e na elección dun vocabulario culto, tirado , moitas veces, do propio portugués.
10.
Que outros autores coñeces da Escola Tradicionalista?
Tamén se inclúen na Escola Tradicionalista a Xosé Crecente Vega, autor dunha única obra, A Codeseira, pero de gran influencia na poesía ruralista de posguerra, e a Gonzalo Abrente, autor de Nemancos, e Centileo nas ondas.
11.
Por que se caracteriza a Escola Renovadora e cal é o seu máximo representante?
Porque o seus seguidores sen rexeitaren a tradición literaria do Rexurdimento, non renuncian a actualizar os temas e as formas da súa poesía, adoptando modelos foráneos. O seu máximo representante é Ramón Cabanillas.
12. En que tendencias ou apartados adoita agruparse a produción poética de Ramón Cabanillas?
Adoita agruparse en dous apartados: o de poesía lírica e o de poesía narrativa.
13.
Cales son as obras máis representativas da poesía lírica de Cabanillas?
Neste apartado inlúense obras como No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada ou a
Rosa de cen Follas.
14. Cales son as liñas temáticas que podemos distinguir na poesía lírica de Ramón Cabanillas.
No conxunto da súa poesía lírica distinguiremos tres liñas temáticas: poemas intimistas nos que, por influencia dos poetas románticos , afloran sentimentos como o amor (presente en A Rosa de Cen Follas), ou o sentimento dorido da vida (presente nalgunhas composicións de Vento Mareiro). Noutros casos atoparemos unha poesía combativa ou de reivindicación, moi na liña de Curros, pero sen o seu anticlericarismo, nos que Cabanillas recolle os postulados reivindicativos do agrarismo e das Irmandades. Por último, tamén ten poemas costumistas, nos que se afasta da estética decimonónica (que se limitaba a reproducir tipos e costumes), e que moderniza, introducindo novidades das novas correntes europeas como os mundos exóticos (trazo propio do modernismo) ou o humor, que utiliza na descrición dese mundo rural.
15.
Cales son as obras máis representativas da poesía narrativa de Cabanillas?
No apartado de poesía narrativa inclúese Na noite estrelecida, considerado pola crítica como un dos mellores poemas da nosa literatura, que trata o tema da demanda do Santo Graal e o Ciclo Artúrico, estruturado en tres sagas, e situado nun ambiente galego. De carácter narrativo son, tamén, Samos no que describe a vida e historia deste mosteiro, e O bendito San Amaro, considerado como unha especie de biografía poética deste santo.

No hay comentarios: