O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.

Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

miércoles, 14 de enero de 2009

Infinitivo conxugado

  1. Conxuga os infinitivos sempre que poidas
    Xa está ben de perder (vós) o tempo dende o amencer.
    Non sodes quen de recadar todo o que vos estiven a dicir.
    Estiveches a piques de quebrar máis dun oso. En lugar de escorda-lo nortello, puideches perde-la vida.
    Esperei o tanguer das campás con vehemencia.
    Non hai siso: saír (nós) agora, para ter (nós) que volver axiña.
    De seguir os atallos atinxiréde-lo cumio.
    Podemos pasar pola rúa do progreso para ir de paso cas de Mariña.
    Ten a culpa o xuíz, pois non permitiu prender o ladrón.
    Marchamos deste marabilloso país que tan ben nos recibiu para volver ó noso.
    Sentinvos montar barullo ata ben entrada a noite.
    O tempo está cativo. Esta situación é mala de aturar.
    Debemos, inda que non queiras, marchar xa.
    Temos que irnos.
    Cómpre levar (vós) o meniño ó médico. p) Xa está ben de perder (vós) o tempo dende o amencer.
  2. Conxuga os infinitivos sempre que poidas
    Era un milagre o chegar os seus pais tan cedo.
    Trouxeron rabada para facer (nós) unha caldeirada.
    É preferible estar tranquilos antes de sabe-los resultados.
    O xefe falou de empezar (vós) a traballar (vós) sen agardar por el.
    Luns non haberá reunións por non poder (el) chegar (el) con tempo.
    Se lles dis que é para Xoel hanche facer (elas) unha boa rebaixa.
    Iso pásache por andar (ti) facendo o parvo.
    Vinos chegar pola ponte de vagar.
    Debiades explicalo mellor.
    Xa me estrañou non concorrer os de Caldas ó partido.
    Sería mellor estudar (vós) máis para poder (vós) marchar (vós) deste centro canto antes.
    Convén argallar un plano todos nós.
    Unha cultura propia é a única base da que podemos partir para un coñecemento cabal da realidade, para poder (nós) xulgala.

    SOLUCIÓNS

1. Conxuga os infinitivos sempre que poidas
Xa está ben de perderdes o tempo dende o amencer.
Non sodes quen de recadardes todo o que vos estiven a dicir.
Estiveches a piques de quebrar máis dun oso. En lugar de escordares o (escordáre-lo) nortello, puideches perde-la vida.
Esperei o tanguer das campás con vehemencia.
Non hai siso: saírmos (nós) agora, para termos (nós) que volver axiña.
De seguirdes os atallos atinxiréde-lo cumio.
Podemos pasar pola rúa do progreso para irmos de paso cas de Mariña.
Ten a culpa o xuíz, pois non permitiu prender o ladrón.
Marchamos deste marabilloso país que tan ben nos recibiu para volvermos ó noso.
Sentinvos montar barullo ata ben entrada a noite.
O tempo está cativo. Esta situación é mala de aturar.
Debemos, inda que non queiras, marchar xa.
Temos que irnos.
Cómpre levardes (vós) o meniño ó médico.


2.Conxuga os infinitivos sempre que poidas
Era un milagre o chegaren os seus pais tan cedo.
Trouxeron rabada para facermos (nós) unha caldeirada.
É preferible estarmos tranquilos antes de sabermos os (sabérmo-los) resultados.
O xefe falou de empezardes (vós) a traballar (vós) sen agardardes por el.
Luns non haberá reunións por non poder (el) chegar (el) con tempo.
Se lles dis que é para Xoel hanche facer (elas) unha boa rebaixa.
Iso pásache por andares (ti) facendo o parvo.
Vinos chegar pola ponte de vagar.
Debiades explicalo mellor.
Xa me estrañou non concorreren os de Caldas ó partido.
Sería mellor estudardes (vós) máis para poderdes (vós) marchar (vós) deste centro canto antes.
Convén argallarmos un plano todos nós.
Unha cultura propia é a única base da que podemos partir para un coñecemento cabal da realidade, para podermos (nós) xulgala.

No hay comentarios: