Introduce o infinitivo conxugado onde sexa posible.
Había alí un cento de xornalistas ávidos de contemplar e contar.
Non se pode conxugar porque funciona como modificador de ávidos.
Así están as listas do paro, cheas de universitarios que tras rematar a súa carreira non atopan un traballo.
................que tras remataren a súa carreira.....
Se por ser homes ou mulleres nos concederon a liberdade, ¿ por que non utilizala?.
Se por sermos homes e mulleres nos concederon a liberdade, por que non utilizármola?
Só nos queda tratar de mellorar a situación e non deixar que non condicionen as opinións da minoría.
Só nos queda tratarmos de mellorar a situación e non deixarmos que nos condicionen as opinións da maioría
O noso reduto verdadeiro era o sabernos diferentes sen ser mellores.
O noso reduto verdadeiro era o sabérmonos diferentes sen sermos mellores.
Cumprirás unha serie de compromisos para non quedar mal con ninguén.
Cumprirás unha serie de compromisos para non quedares mal con ninguén.
Dous dos grandes bancos que xestionan agora Banesto pretenden segregar a entidade para pechar a crise.
Dous dos grandes bancos que xestionan agora Banesto pretenden segregar a entidade para pecharen a crise
Os tipos de xuro poderían sufrir varios recortes ata situarse ó redor do 7%.
O primeiro non se pode conxugar. O 2º si: .....ata situárense ó redor do 7%
Con ter tantos anos non teñen moita cabeza.
Con teren tantos anos non teñen moita cabeza.
Póñennos moitos atrancos para facer unha escola como debe ser.
Póñennos moitos atrancos para facermos unha escola como debe ser.
Por ser tantos a dicir iso non por iso van ter máis razón.
Por seren tantos a dicir iso non por iso van ter mái razón.
Para coñecer ben os paxaros é preciso ver fotos de cores e a tamaño natural.
Para coñecermos ben os paxaros é preciso vermos fotos de cores e a tamaño natural.
Lemos un conto de Pedrayo para saber algo da súa obra e ir vendo como escribe.
Lemos un conto de Pedrayo para sabermos algo da súa obra e ir vendo como escribe.
Por durmir tanto, agora aínda estades máis aparvados.
Por durmires tanto, agora aínda estades máis aparvados.
Eu son dos que pensan que non por ser de Galicia somos xa galegos.
Eu son dos que pensan que non por seren de Galicia somos xa galegos.
Tédesvos que amañar con cadanseu folio para facer o exame.
Tédesvos que amañar con cadanseu folio para facerdes o exame.
A nosa intención era mercar os aparellos que precisabamos para ter un bo servizo.
A nosa intención era mercarmos os aparellos que precisabamos para ter un bo servizo.
Sen saír da terra puidemos facer todo isto que agora lles estamos a presentar.
Sen saírmos da terra puidemos facer todo isto que agora lles estamos a presentar.
Xa o dicía Castelao, para ser verdadeiramente universalistas, debemos partir primeiro da nosa realidade. Só así, ó comprender a nosa propia realidade, poderemeos acadar ese nivel preciso para ser universais.
Xa o dicía Castelao, para sermos verdadeiramente universalistas debemos partir primeiro da nosa realidade. Só así, ó comprendermos a nosa propia realidade, poderemos acadar ese nivel preciso para ser universais.
Na terra dos tolos tes que ouvear coma todos, se non acabas por non sobrevivir.
Non se pode conxugar.
Hai libros que eu non debería nin oír nomear.
Non se pode conxugar ningún.
Pretendían que pasaramos uns días sen oír falar galego.
Pretendían que pasaramos uns días sen oírmos falar galego.
Trátase dun blog que inclúe información sobre aspectos gramaticais de lingua galega, con propostas prácticas e, nalgúns casos, solucións. Tamén recolle información sobre a produción literaria galega: tendencias literarias, autores, obras, textos, ...etc. A información aparecerá organizada mediante diferentes etiquetas. O blog tamén inclúe imaxes, vídeos, comentarios e enlaces a páxinas que, creo, poden ser do interese dos alumnos.
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario