O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.

Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega 1º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega 1º. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de noviembre de 2010

1º BAC. SEMIPRESENCIAL

UNIDADE 2. LIBRO DE RODEIRA
ESTUDO DA LINGUA. PÁX42

1. A resposta é: O cume, a orixe, a peaxe, a ponte, a dor, o legume, a parálise, a calor, o dote, o cárcere, o traxe, o costume, o nariz, a énfase, a marxe, o labor, a arte, a meninxite.

2. Os femininos correspondentes ás palabras propostas son os seguintes:
presidenta, curmá, xuíza, espadachina, doutora, sogra, alcaldesa, gata, elefanta, nora e emperatriz.

3. As formas correctas son:
leis (o singular remata en ditongo e engade –s), cafés (palabra aguda rematada en vogal, engade –s), veráns (remata en -n e engade –s), proxectís (palabra polisílaba e aguda rematada en –l, engade –is), túneles (palabra grave rematadaen –l e engade –es), álbums (remata en consoante distinta de -r, -z ou -s, engade –s),clubs (palabra rematada en consoante distinta de –r, -z ou –s, engade –s), papeis (palabra polisílaba aguda rematada en -el e muda o -l por –is).

4. Os plurais destes compostos son: gardas civís, camións cisterna, chuchameles, sofás, cama, chaves inglesas, xirasoles, mediodías, galegofalantes.

5. Os substantivos derivados dos verbos propostos son os seguintes: crenza, lealdade, estrañeza, tenrura, validez, miudeza, solidariedade, perseveranza, dozura, mocidade,doenza, militancia.

6. As parellas de substantivos son as que se indican de seguido: illa – arquipélago, abella, enxame, carballo – carballeira, soldado – exército, castiñeiro - castiñeira (ou souto) e vela - velame.

7. Os xéneros opostos aos dos adxectivos ofrecidos son: núa, urbano, afgá, temperá, forte, cru e fisterrán.

8. Os adxectivos no número oposto son: útiles, infantil, viles, vilalbeses, xerais, marroquís e cotián.

10. No texto temos cinco adxectivos: antiga (explicativo: indica unha calidade inherente ao substantivo e vai anteposto a el), lugués ( especificativo: restrinxe a extensión do substantivo e vai posposto a el), valioso (explicativo: indica unha calidade inherente ao substantivo e vai anteposto a el), loura (especificativo: restrinxe a extensión do substantivo e vai posposto a el) e negros (explicativo: aínda que a súa posición é típica dun especificativo, indica unha calidade inherente ao substantivo).

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. PÁX 44-45
5. Os diferentes significados do xénero nestas parellas de substantivos son os seguintes:
Diferenza de tamaño (menor / maior): río - ría; pote- pota, manto- manta, agro- agra.
Diferenza individual / colectivo: froito- froita, corno- corna.
Diferente localización: dedos (mans)- dedas (pés).
Diferente concepto: soldado- soldada; tello- tella; coitelo- coitela.

6. A diferenza de significado que produce nas catro parellas de substantivos propostos a presenza ou ausencia do morfema de plural é a que se indica de seguido:
Auga - augas: auga é un líquido incoloro e inodoro en estado puro; utilízase a palabra en plural cando este líquido, debido aos seus constituíntes, posúe propiedades curativas e, por extensión, lugar ou establecemento onde se poden beber estas augas ou bañarse un nelas.
Baño - baños: baño fai referencia á acción e efecto de bañar ou bañarse ou ao cuarto de aseo; a forma de plural alude ao lugar onde se poden tomar baños de carácter medicinal, isto é, a un balneario.
Miolo - miolos: o miolo é a parte interior dunha cousa; os miolos aluden á masa encefálica.
Tempo - tempo: tempo é un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais ou convencionais; tempos é unha referencia xenérica ao tempo que xa pasou.

7. De seguido ten os enunciados comparativos coa partícula ou partículas axeitadas a cada un:
A película foi menos divertida do que eu esperaba.
Eu son máis novo ca ti.
Hoxe quenta o sol máis ca/ que onte.
Aquel restaurante era tan caro como me dixeron.
Eu gaño menos soldo do que ti imaxinas.
Ninguén é tan simpática coma/ como Neves.
Xurxo é menos serio do que vós pensades.

10. A relación de adxectivos sinónimos é a que segue: lacónico– conciso; prolixo– extenso; mordaz– cáustico; elocuente– convincente; incomprensible– inintelixible; vulgar–prosaico e pomposo- ampuloso.

11. De seguido aparece a letra que identifica cada frase feita co seu significado:
E: dicir cousas inapropiadas sen vir a conto.
C: Non ser de todo sincero.
A: Falar con claridade.
D: Criticar duramente.
B: Non dicir nada.
F: Falar sen fundamento, só por dicir algo.
12. Das palabra graves que aparecen no exercicio levan acento as seguintes: mártir, débil, fórceps, alférez, túnel, tándem, tótem, clímax, tórax, carácter, inútil, móbil, Vítor, bíceps, López, líder e Estévez.

13. A relación palabra galega e étimo latino ou francés é a seguinte: polbo – polipu, gravata – cravat, harmonía – harmonia, móbil – mobile, avogado – advocatu, marabilla– mirabilia, pneumático – pneumaticu e varrer - varrere.

14. As palabras do texto son: esaxeración, sumo, caxemira, cuxa, deixaba, seda, groso,
esixente e obxectar.

1º BAC. SEMIPRESENCIAL

UNIDADE 1. LIBRO DE TEXTO DE RODEIRA
EXERCICIOS 2 e 4 (PÁXINA 12)
2. Os elementos que aparecen nos actos comunicativos propostos son os seguintes:
A: Emisor: cliente. Receptor: camareiro. Mensaxe: “un vaso de auga, por favor”.Canle: o aire. Código: a lingua falada. Contexto: o bar onde están o cliente e o camareiro.
B: Emisor: eu. Receptor: a amiga. Mensaxe: “Queres que vaiamos ao concerto?”.Canle: a rede. Código: a lingua escrita. Contexto: dúas persoas conectadas a internet con cadanseu ordenador.
C: Emisor: o meu amigo. Receptor: eu. Mensaxe: “non fagas ruído, non digas nada”.Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: unha situación en que cómpre silencio.
D: Emisor: o garda. Receptor: os condutores. Mensaxe: “teñen que parar”. Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: o cruzamento con tráfico que conflúe desde distintas rúas.
E: Emisor: o autor (Jesús Tusón). Receptor: os lectores (nós). Mensaxe: “as ideas do autor sobre a comunicación e a linguaxe”. Canle: o papel impreso. Código: a lingua escrita. Contexto: as clases de lingua galega.
4. As funcións da linguaxe que predominan nos enunciados propostos son as seguintes:
Enunciado A: función metalingüística porque estamos empregando o código para explicar conceptos do propio código.
Enunciado B: función expresiva porque amosa un a sorpresa do emisor.
Enunciado C: función poética porque utilizamos a linguaxe en busca dun efecto estético.
Enunciado D: función fática porque verificamos o funcionamento da canle para asegurar a recepción da mensaxe.
Enunciado E: función representativa porque se expresan feitos obxectivos.
Enunciado F: función apelativa porque tratamos de influír nos receptores cunha orde.


EXERCICIOS 1,2 e 4 (PÁXINA 20).
1. As disciplinas lingüísticas ás que corresponden estas afirmacións son as seguintes:
Afirmación A: dialectoloxía (distribución xeográfica dunha variedade).
Afirmación B: sintaxe (función dunha estrutura dentro da oración).
Afirmación C: morfoloxía (estrutura interna da palabra).
Afirmación D: sociolingüística (variantes sociais da lingua, neste caso resultado do contacto de linguas).
Afirmación E: morfoloxía (a forma das palabras, neste caso a manifestación do morfema de plural).
Afirmación F: ortografía (escritura correcta das palabras).
Afirmación G: fonética (indica a pronuncia dun son).
Afirmación H: semántica (menciona a sinonimia que é unha das relacións semánticas).
2. A estrutura morfolóxica das palabras propostas é a que se indica de seguido:
Filliño: fill-: lexema; -iñ-: morfema facultativo diminutivo; -o: morfema constitutivo de xénero.
Prehistoria: pre-: morfema derivativo prefixo; -historia: lexema.
Amigos: amig-: lexema; -o: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.

Pianista: pian-: lexema; -ista: morfema derivativo sufixo.
Ilóxicas: i-: morfema derivativo prefixo; -loxic-: lexema; -a: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.

4. A resposta sería como segue.

Hoxe: adverbio. Separaban: verbo. Indomable: adxectivo. Gripe: substantivo. E:
conxunción. Desde: preposición. Unha: artigo. Nos: pronome.

EXERCICIOS (PÁXINA 22-23)
3. Os substantivos derivados son os seguintes: seriedade, divindade, notoriedade, brevidade,
soidade, solidariedade, capacidade, bondade e salvidade.
4. Os participios e xerundios dos verbos propostos son:
Crer: crido, crendo.
Rir: rido, rindo.
Abrir: aberto, abrindo.
Escribir: escrito, escribindo.
Bendicir: bendicido ou bendito; bendicindo.
6. As oracións quedan como figura de seguido (lembre que en galego o complemento directo de persoa non leva preposición):
Levei o neno ás carreiras de cabalos.
Esa rapaza enganou os compañeiros cando xogaban ás quedas.
Eles mentíronlles aos seus pais.
Subiron as escaleiras ás escuras.
Coñecín o teu pai o ano en que se celebraron os xogos olímpicos de Barcelona.
Os ladróns atacaron a xoiería e feriron o xoieiro.
Creo que chegan ás dez ou ás once.
Os berros molestaron os veciños, que presentaron unha denuncia.
7. A asociación entre a primeira e a segunda columna queda do seguinte xeito: ladrar –
can; rinchar – cabalo; zunir – abella; miañar – gato; bradar – vaca; ornear – burro; bear– ovella; grallar – corvo e ruxir - león.

8. A asociación é: galiña – pito; porco – bacoriño; vaca – xato; ra – cágado; ovella –
año; cabalo – poldro; cadela – cadelo; can – cadelo; lobeto é a cría do lobo, que debería figurar no cadro superior.
9. Os nomes de colectividades indícanse de seguido e, entre paréntese, o substantivo individual: enxame (abella), restra (cebola), rabaño (ovella), rolada (pito), souto (castiñeiro), palleiro (palla), recua (besta) e manda (lobo).
10. A resposta sería a seguinte:

A primeira oración complétase coa frase feita “a unha carreiriña dun can”; a segunda con “é un can vello”; a terceira con “saíulle a cadela can”; a cuarta con “está sen un can” e a quinta con “ten cara de can”.
12. As palabras son as seguintes:

extremo, estranxeiro, estratexia, exclusivo, enxalzar, escavadora, farinxe, estrañamento, laxe, xastre, xordo, escusa.
13. As palabras son as seguintes:

plantar, frecha, clasificar, flor, claridade, cumprir, pluma, obrigar, compracer, aprazar, global e fraco.
14. De seguido ten o texto acentuado:
Calzado axeitado: hai que elixir cos pés, non coa vista.
Deformidades dos ósos, calos ou dores nos nocellos son só algunhas consecuencias de empregar calzado non axeitado. O pé é unha das partes do noso corpo á que menos atención lle prestamos, pouco conscientes do papel que xoga na nosa saúde e benestar: transpórtannos dun lugar a outro e aturan o noso peso durante boa parte do día, decote embutidos en calzado con tacóns excesivos ou puntas afiadas que co tempo poden provocar lesións irreparables. Trátase dun órgano moi especializado que cómpre coidar e mimar. E un calzado axeitado é o primeiro paso.





domingo, 6 de junio de 2010

No exame de mañá, a pregunta do libro de lectura será do último relato. Ademais o exame consistirá nun texto do que tirarei as diferentes preguntas de gramática. Nel, teredes que buscar perífrases, verbos semirregulares, teredes que segmentar formas verbais, buscar demostrativos con valores especiais, ....etc.

lunes, 15 de junio de 2009

Introduce o infinitivo conxugado onde sexa posible.
Había alí un cento de xornalistas ávidos de contemplar e contar.
Non se pode conxugar porque funciona como modificador de ávidos.
Así están as listas do paro, cheas de universitarios que tras rematar a súa carreira non atopan un traballo.
................que tras remataren a súa carreira.....
Se por ser homes ou mulleres nos concederon a liberdade, ¿ por que non utilizala?.
Se por sermos homes e mulleres nos concederon a liberdade, por que non utilizármola?
Só nos queda tratar de mellorar a situación e non deixar que non condicionen as opinións da minoría.
Só nos queda tratarmos de mellorar a situación e non deixarmos que nos condicionen as opinións da maioría
O noso reduto verdadeiro era o sabernos diferentes sen ser mellores.
O noso reduto verdadeiro era o sabérmonos diferentes sen sermos mellores.
Cumprirás unha serie de compromisos para non quedar mal con ninguén.
Cumprirás unha serie de compromisos para non quedares mal con ninguén.
Dous dos grandes bancos que xestionan agora Banesto pretenden segregar a entidade para pechar a crise.
Dous dos grandes bancos que xestionan agora Banesto pretenden segregar a entidade para pecharen a crise
Os tipos de xuro poderían sufrir varios recortes ata situarse ó redor do 7%.
O primeiro non se pode conxugar. O 2º si: .....ata situárense ó redor do 7%
Con ter tantos anos non teñen moita cabeza.
Con teren tantos anos non teñen moita cabeza.
Póñennos moitos atrancos para facer unha escola como debe ser.
Póñennos moitos atrancos para facermos unha escola como debe ser.
Por ser tantos a dicir iso non por iso van ter máis razón.
Por seren tantos a dicir iso non por iso van ter mái razón.
Para coñecer ben os paxaros é preciso ver fotos de cores e a tamaño natural.
Para coñecermos ben os paxaros é preciso vermos fotos de cores e a tamaño natural.
Lemos un conto de Pedrayo para saber algo da súa obra e ir vendo como escribe.
Lemos un conto de Pedrayo para sabermos algo da súa obra e ir vendo como escribe.
Por durmir tanto, agora aínda estades máis aparvados.
Por durmires tanto, agora aínda estades máis aparvados.
Eu son dos que pensan que non por ser de Galicia somos xa galegos.
Eu son dos que pensan que non por seren de Galicia somos xa galegos.
Tédesvos que amañar con cadanseu folio para facer o exame.
Tédesvos que amañar con cadanseu folio para facerdes o exame.
A nosa intención era mercar os aparellos que precisabamos para ter un bo servizo.
A nosa intención era mercarmos os aparellos que precisabamos para ter un bo servizo.
Sen saír da terra puidemos facer todo isto que agora lles estamos a presentar.
Sen saírmos da terra puidemos facer todo isto que agora lles estamos a presentar.
Xa o dicía Castelao, para ser verdadeiramente universalistas, debemos partir primeiro da nosa realidade. Só así, ó comprender a nosa propia realidade, poderemeos acadar ese nivel preciso para ser universais.
Xa o dicía Castelao, para sermos verdadeiramente universalistas debemos partir primeiro da nosa realidade. Só así, ó comprendermos a nosa propia realidade, poderemos acadar ese nivel preciso para ser universais.
Na terra dos tolos tes que ouvear coma todos, se non acabas por non sobrevivir.
Non se pode conxugar.
Hai libros que eu non debería nin oír nomear.
Non se pode conxugar ningún.
Pretendían que pasaramos uns días sen oír falar galego.
Pretendían que pasaramos uns días sen oírmos falar galego.

lunes, 16 de febrero de 2009

Ortografía

Completa as seguintes palabras con "b" ou "v":
___áter, ___ermello, ___esgo, ___erza, ___im___io, ___oda, ___oitre, ___ulto, a___elá, a___eleira, automó___il, ___aldeirar, ___aleirar, ___aleiro, ___enia, ___irollo, ___iruxe, ___ol___oreta, chi___o, dé___eda, dú___ida, a___ultar, con___oi, cor___eta, co___arde, co___ardía, chu___asco, chu___asqueiro, de___alar, de___ecer, escara___ello, escar___ar, es___elteza, es___elto, gara___anzo, ga___ián, gra___ar, gra___ación, gra___ado, gra___ata, pa___illón, pel___e, tre___o, ___aixela, fi___ela, lou___án, mara___illa, mara___illar, mara___illoso, mó___il, mo___iliza___le, mo___ilización, mo___ilizado, mo___ilizar, ou___ear, pe___ida, re___entar, ri___eira, tro___ador, ace___ro, adi___al, a___ó, a___ogacía, a___ogado, a___oengo, a___ogar, á___rego, a___ogado, a___ultado, ___aixela, ___alado, ___aranda, ___arrer, ___arredoiro, ___asoira, ___asoirada.


Indica que palabras do exercicio anterior corresponde a cada unha das seguintes definicións.
1. Golpe dado ou recibido cunha vasoira.
2. Cavidade ósea que se sitúa na parte inferior do tronco.
3. Que actúa con astucia e picardía.
4. Diminuír o caudal duna corrente.
5. Ave rapaz de ás curtas e redondeadas e cola longa.
6. Macho da cabra. Aparello que se emprega para pescar a castañeta.
7. Semente dalgúns froitos.
8. Embarcación con tres mastros na que o maior leva velas cadradas e o que está preto da popa leva velas de coitelos. Antigo navío de guerra.
9. Insecto adulto da familia dos coleópteros.
10. Peza xeralmente metálica, que por medio dunha ou máis puntas montadas nun eixo, suxeita os extremos dunha correa ou cinta.
11. Instrumento feito con diferentes ramas de diferentes plantas ou de orixe sintética suxeitas a un pau, que se emprega para varrer.
12. Vento de compoñente sur ou sudeste.
13. Que ten a vista torta.
14. Arbusto co froito vermello.
15. Conxunto de devanceiros dunha familia ilustre. Estirpe, caste,linaxe.

miércoles, 14 de enero de 2009