O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

O ADXECTIVO. A GRADACIÓN

Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.

Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

jueves, 4 de noviembre de 2010

1º BAC. SEMIPRESENCIAL

UNIDADE 1. LIBRO DE TEXTO DE RODEIRA
EXERCICIOS 2 e 4 (PÁXINA 12)
2. Os elementos que aparecen nos actos comunicativos propostos son os seguintes:
A: Emisor: cliente. Receptor: camareiro. Mensaxe: “un vaso de auga, por favor”.Canle: o aire. Código: a lingua falada. Contexto: o bar onde están o cliente e o camareiro.
B: Emisor: eu. Receptor: a amiga. Mensaxe: “Queres que vaiamos ao concerto?”.Canle: a rede. Código: a lingua escrita. Contexto: dúas persoas conectadas a internet con cadanseu ordenador.
C: Emisor: o meu amigo. Receptor: eu. Mensaxe: “non fagas ruído, non digas nada”.Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: unha situación en que cómpre silencio.
D: Emisor: o garda. Receptor: os condutores. Mensaxe: “teñen que parar”. Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: o cruzamento con tráfico que conflúe desde distintas rúas.
E: Emisor: o autor (Jesús Tusón). Receptor: os lectores (nós). Mensaxe: “as ideas do autor sobre a comunicación e a linguaxe”. Canle: o papel impreso. Código: a lingua escrita. Contexto: as clases de lingua galega.
4. As funcións da linguaxe que predominan nos enunciados propostos son as seguintes:
Enunciado A: función metalingüística porque estamos empregando o código para explicar conceptos do propio código.
Enunciado B: función expresiva porque amosa un a sorpresa do emisor.
Enunciado C: función poética porque utilizamos a linguaxe en busca dun efecto estético.
Enunciado D: función fática porque verificamos o funcionamento da canle para asegurar a recepción da mensaxe.
Enunciado E: función representativa porque se expresan feitos obxectivos.
Enunciado F: función apelativa porque tratamos de influír nos receptores cunha orde.


EXERCICIOS 1,2 e 4 (PÁXINA 20).
1. As disciplinas lingüísticas ás que corresponden estas afirmacións son as seguintes:
Afirmación A: dialectoloxía (distribución xeográfica dunha variedade).
Afirmación B: sintaxe (función dunha estrutura dentro da oración).
Afirmación C: morfoloxía (estrutura interna da palabra).
Afirmación D: sociolingüística (variantes sociais da lingua, neste caso resultado do contacto de linguas).
Afirmación E: morfoloxía (a forma das palabras, neste caso a manifestación do morfema de plural).
Afirmación F: ortografía (escritura correcta das palabras).
Afirmación G: fonética (indica a pronuncia dun son).
Afirmación H: semántica (menciona a sinonimia que é unha das relacións semánticas).
2. A estrutura morfolóxica das palabras propostas é a que se indica de seguido:
Filliño: fill-: lexema; -iñ-: morfema facultativo diminutivo; -o: morfema constitutivo de xénero.
Prehistoria: pre-: morfema derivativo prefixo; -historia: lexema.
Amigos: amig-: lexema; -o: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.

Pianista: pian-: lexema; -ista: morfema derivativo sufixo.
Ilóxicas: i-: morfema derivativo prefixo; -loxic-: lexema; -a: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.

4. A resposta sería como segue.

Hoxe: adverbio. Separaban: verbo. Indomable: adxectivo. Gripe: substantivo. E:
conxunción. Desde: preposición. Unha: artigo. Nos: pronome.

EXERCICIOS (PÁXINA 22-23)
3. Os substantivos derivados son os seguintes: seriedade, divindade, notoriedade, brevidade,
soidade, solidariedade, capacidade, bondade e salvidade.
4. Os participios e xerundios dos verbos propostos son:
Crer: crido, crendo.
Rir: rido, rindo.
Abrir: aberto, abrindo.
Escribir: escrito, escribindo.
Bendicir: bendicido ou bendito; bendicindo.
6. As oracións quedan como figura de seguido (lembre que en galego o complemento directo de persoa non leva preposición):
Levei o neno ás carreiras de cabalos.
Esa rapaza enganou os compañeiros cando xogaban ás quedas.
Eles mentíronlles aos seus pais.
Subiron as escaleiras ás escuras.
Coñecín o teu pai o ano en que se celebraron os xogos olímpicos de Barcelona.
Os ladróns atacaron a xoiería e feriron o xoieiro.
Creo que chegan ás dez ou ás once.
Os berros molestaron os veciños, que presentaron unha denuncia.
7. A asociación entre a primeira e a segunda columna queda do seguinte xeito: ladrar –
can; rinchar – cabalo; zunir – abella; miañar – gato; bradar – vaca; ornear – burro; bear– ovella; grallar – corvo e ruxir - león.

8. A asociación é: galiña – pito; porco – bacoriño; vaca – xato; ra – cágado; ovella –
año; cabalo – poldro; cadela – cadelo; can – cadelo; lobeto é a cría do lobo, que debería figurar no cadro superior.
9. Os nomes de colectividades indícanse de seguido e, entre paréntese, o substantivo individual: enxame (abella), restra (cebola), rabaño (ovella), rolada (pito), souto (castiñeiro), palleiro (palla), recua (besta) e manda (lobo).
10. A resposta sería a seguinte:

A primeira oración complétase coa frase feita “a unha carreiriña dun can”; a segunda con “é un can vello”; a terceira con “saíulle a cadela can”; a cuarta con “está sen un can” e a quinta con “ten cara de can”.
12. As palabras son as seguintes:

extremo, estranxeiro, estratexia, exclusivo, enxalzar, escavadora, farinxe, estrañamento, laxe, xastre, xordo, escusa.
13. As palabras son as seguintes:

plantar, frecha, clasificar, flor, claridade, cumprir, pluma, obrigar, compracer, aprazar, global e fraco.
14. De seguido ten o texto acentuado:
Calzado axeitado: hai que elixir cos pés, non coa vista.
Deformidades dos ósos, calos ou dores nos nocellos son só algunhas consecuencias de empregar calzado non axeitado. O pé é unha das partes do noso corpo á que menos atención lle prestamos, pouco conscientes do papel que xoga na nosa saúde e benestar: transpórtannos dun lugar a outro e aturan o noso peso durante boa parte do día, decote embutidos en calzado con tacóns excesivos ou puntas afiadas que co tempo poden provocar lesións irreparables. Trátase dun órgano moi especializado que cómpre coidar e mimar. E un calzado axeitado é o primeiro paso.





No hay comentarios: