ADXECTIVOS EN GRAO COMPARATIVO, INDICANDO TODAS AS POSIBILIDADES
Estaba máis/menos/tan preto do que / como eu cría
Hoxe vai un día máis/menos/tan bo que o/ ca o /có/ como o /coma o de onte
Estaban máis/menos/tan preparados do que/ como nós pensábamos.
Come máis/menos/tanto ca/que/como/coma un boi
Este xornal ten má¡s/menos/tantas páxinas ca/que/como/coma ese
O Rubén era máis/menos/tan fedello ca/que/como/coma seu curmán
Miguel obtivo resultados máis/menos/tan bos do que/como pensaba,
Fai máis/menos/tanto caso ás amigas ca ós/que ós/coma ós/como ós pais
Trátase dun blog que inclúe información sobre aspectos gramaticais de lingua galega, con propostas prácticas e, nalgúns casos, solucións. Tamén recolle información sobre a produción literaria galega: tendencias literarias, autores, obras, textos, ...etc. A información aparecerá organizada mediante diferentes etiquetas. O blog tamén inclúe imaxes, vídeos, comentarios e enlaces a páxinas que, creo, poden ser do interese dos alumnos.
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario