Trátase dun blog que inclúe información sobre aspectos gramaticais de lingua galega, con propostas prácticas e, nalgúns casos, solucións. Tamén recolle información sobre a produción literaria galega: tendencias literarias, autores, obras, textos, ...etc. A información aparecerá organizada mediante diferentes etiquetas. O blog tamén inclúe imaxes, vídeos, comentarios e enlaces a páxinas que, creo, poden ser do interese dos alumnos.
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN
Sesión de 60 minutos sobre o adxectivo.
Neste tema veremos, fundamentalmente a flexión do grao do adxectivo e os diferentes procedementos que temos para realizala.

martes, 17 de enero de 2012
jueves, 1 de diciembre de 2011
Obxectivos
- Saber que o adxectivo, ademais de flexión de xénero e número, presenta flexión de grao.
- Coñecer os diferentes graos do adxectivo: comparativo e superlativo.
- Coñecer e saber utilizar adecuadamente os diferentes procedementos que posúe a nosa lingua para expresar os diferentes graos do adxectivo.
- Aplicar os coñecementos adquiridos á producíón propia de textos, nos que se empreguen adxectivos nos diferentes graos.
Contidos
- O adxectivo e a súa gradación. O grao positivo.
- O grao comparativo: de igualdade, inferioridade e superioridade.
- Procedementos para expresar os diferentes tipos de comparativos.
- O grao superlativo: absoluto e relativo.
- Procedementos para expresar os diferentes tipos de superlativo.
- Comparativos e superlativos irregulares.
Materiais
O ADXECTIVO. A GRADACIÓN.
Os seguintes enlaces son teoría sobre a gradación do adxectivo que debedes de consultar antes de realizar as actividades correspondentes a este tema.
http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/adxectivo/adxectivo.html
http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_Adxectivo/A_gradaci%C3%B3n
http://www.staki.com/matuquin/index.htm

Actividades
Completa as seguintes frases con algunha forma coherente do comparativo:
Nunca quixo facilidades lle daban.
Era cativo seu primo.
Foi importante nunca supuxemos.
Agora xa é alto seu pai.
Prefiro estes de aquí outro de alá.
Hoxe é tarde onte.
Venderon froita puideron.
Brillaban os teus da túa tía
Vale ela e ti.
Cómpre saír antes eles, non vaia ser que cheguen antes nós.
A rapaza sabe parece, e por suposto esperas.
Non atopou oportunidades vós.
Penso que para ese labor vale el ela.
Recolleron peras mazás.
Ten dereito Xoán Pedro.
Déronlle a Nuria a Paula, pero esperaba.
Vós sodes eles, e estades preparados calquera.
Sabe a filla súa nai.
A túa colección ten figuras miña, pero entre os dous non xuntamos ela.
Xoga mellor o Raúl Figo.
Preferiría telos hoxe antes mañá.
Comía mellor estes outros.
Preferiron ir ó Porriño antes aldea.
Saíron antes os nosos paquetes vosos.
Atendéronte a ti antes min.
Solucións

Nunca quixo máis/menos facilidades das que lle daban.
Era tan cativo como/coma seu primo.
Foi máis importante do que nunca supuxemos.
Agora xa é máis/menos alto ca/que seu pai.
Prefiro estes de aquí que os/cós/ ca os outro de alá.
Hoxe é tan tarde como/coma onte.
Venderon tanta froita como puideron.
Brillaban máis os teus que os/ ca os /cós da túa tía
Vale máis/menos ela e ca ti.
Cómpre saír antes ca eles, non vaia ser que cheguen antes ca nós.
A rapaza sabe máis/menos do que parece, e por suposto máis/menos do que esperas.
Non atopou tantas oportunidades coma vós.
Penso que para ese labor vale máis/menos el ca ela.
Recolleron máis/menos peras ca/que mazás.
Ten máis/menos dereito Xoán ca/que Pedro.
Déronlle a Nuria máis/menos ca/que a Paula, pero máis/menos do que esperaba.
Vós sodes máis/menos ca eles, e estades máis/menos preparados que calquera.
Sabe tanto a filla como/coma súa nai.
A túa colección ten tantas figuras como/coma a miña, pero entre os dous non xuntamos máis ca ela.
Xoga mellor o Raúl que o / có/ ca o Figo.
Preferiría telos hoxe antes ca/ que mañá.
Comía mellor estes que os/ ca os/ cós outros.
Preferiron ir ó Porriño antes que á/ ca á aldea.
Saíron antes os nosos paquetes ca os /que os vosos.
Atendéronte a ti antes ca min.
Realizar os exercicios 8, 9 e 10 do seguinte enlace. Inclúe solucións
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm#7
No seguinte enlace figuran máis exercicios do grao do adxectivo coas respectivas solucións.
http://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/adxectivo/Gradaci%C3%B3n
Máis exercicios de reforzo sobre o grao do adxectivo, no enlace que aparece a continuación.
http://www.trasancos.net/departamentos/galego/exercicios/1eso/ADXECTIVOS%201%20ESO/adxectivos.htm

miércoles, 30 de noviembre de 2011
martes, 29 de noviembre de 2011
O Rifante
O “Rifante”
O “Rifante” era un mariñeiro que ganaba pesos que na súa bulsa gardábanse talmente como auga nunha peneira. En terra o Rifante non tiña caletre ningún; en canto ponía pé no seu barco, trocábase nun sabio. Tiña moitos fillos e moitos netos e todos a gastar a barullo porque o mar daba para todo.
Ninguén lle negou o creto de bo patrón e de bo cristiano que tiña; mais ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de larga-lo aparello outros mariñeiros e non habían de coller ren; chegaba o “Rifante” e collía unha fartura de peixe.
O “Rifante” era farturento de seu. Estando a pique de morrer afogado ofreceuse a Nosa Señora e regaloulle un manto de seis mil reás, ademais da misa cantada, música, foguetes, traxes novos e comida a fartar.
O “Rifante” tiña fe na súa fada. Unha vez enfermouse e fixo de patrón o fillo máis vello. En canto volveu do mar, o fillo achegouse ó leito do pai e tatexando de medo contoulle que o aparello quedara trabado nunhas pedras. O “Rifante” dixo simplesmente: “Non teñas medo, Ramón; o mar levouno, o mar dará para outro”. E despois calou e virouse cara á parede.
¡Que confianza tiña o “Rifante” no mar!
Pero tanta fartura minguou de súpeto e a fame foi entrando en tódolos fogares. Tal aconteceu cando as traíñas mataron o xeito.
O “Rifante” apareceu un día diante do meu pai, amigo seu dende nenos e adernais conselleiro.
— ¿Sabes unha cousa? —dixo—. Hai fame, ¡fame!, na casa do “Rifante”. Ti xa sabes que nunca pedín nada a ninguén; mais agora veño petar na túa porta para que me emprestes mil reás. Quero botarlle un balcón novo á miña casa, ¿sabes?, e así a xente que vexa que ando en obra non pensará que os meus non teñen que levar á boca.
Meu pai, que percorreu moito mundo, aseguroulle que a fame cúrase con pan, mais o “Rifante” púxose teso e volveu a falar.
— A vergonza é pior que a fame.
E seguro meu pai de non convencer en terra a un home que somentes ten intelixencia no mar, abreu a gabeta e colleu mil reás, pero o “Rifante” atallouno:
— Non, agora non mos deas; xa virei por eles.
Na noite daquel día velaí se sinteu unha tropa na nosa casa. Era o “Rifante” que viña coa muller, os fillos, os xenros, as noras e os netos; todos en procura dos mil reás.
A patulea do “Rifante” encheu a casa toda e daba medo pensar cómo formarían roda dernandando pan ó seu Patriarca.
O “Rifante”, coa gorra encachada até as orellas, pideulle os cartos a meu pai e, ó recibilos das súas mans, descubreuse relixiosamente e, amostrándollos a todos, dixo con solenidade:
— Miña muller e meus fillos, se morro, xa sabedes que se lle deben cincoenta pesos a iste horne.
E sen decir outra verba, tapou a cabeza e foise diante de todos, escaleira abaixo.

martes, 9 de noviembre de 2010
2º BAC. SEMIPRESENCIAL.
TEMA I. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. N.VARELA E R.CABANILLAS.
1. Primeiros anos do século: no terreo cultural vanse consolidando as ideas nacionalistas grazas a:
• Irmandades da Fala (1916)
• Xeración Nós.
• Seminario de Estudos Galegos
• Partido Galeguista.
2. Desde o punto de vista literario hai unha continuidade da literatura anterior, no sentido de que a lírica, nestes primeiros anos, segue a ser o xénero máis cultivado no que sobresaen dous poetas: Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
3. Noriega Varela, representante da Escola Tradicionalista coa obra Do ermo
• Poesía costumista. Composicións nas que segue a liña decimonónica.
• Lirismo da natureza. Poemas máis cultos nos que se aprecia a influencia de poetas portugueses.
4. Ramón Cabanillas, representante da Escola Renovadora.
• Poesía lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada ou A Rosa de cen Follas.
• Poesía narrativa. Na noite estrelecida, Samos e O bendito San Amaro

lunes, 8 de noviembre de 2010
O LIRISMO GALEGO-PORTUGUÉS.
TEMA I: A LÍRICA MEDIEVAL .A CANTIGA DE AMIGO.
O paso de Idade Antiga á Idade Media foi un proceso longo e complexo. No século IX xa podemos falar dun romance diferenciado con respecto ó latín: o galego-portugués, aínda que os primeiros textos escritos no noso idioma datan de finais do século XII e principios do XIII. A partir de aquí comeza un novo período para a nosa lingua e tamén para a nosa literatura que se coñece con nome de Idade Media.
Desde o punto de vista cultural, hai que salientar o descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago (no ano 813) que deu orixe á cidade de Compostela converténdose nun reclamo de moitos peregrinos que acudían á cidade Compostelá para visitar a tumba. De tal xeito que o arcebispo Diego Xelmírez potenciou estas peregrinacións conseguindo que o papa Calixto III instituíse o ano Xacobeo: desde entón outórgase a graza do Xubileo a quen visite a tumba do Apóstolo nos anos que nos que o 25 de xullo cadre en Domingo.
É así como o camiño de Santiago permitiu a peregrinación de xentes procedentes de diferentes puntos de Europa e con elas a entrada das diferentes correntes culturais do momento.
Por outra banda a partir do século XI tivo lugar un cambio importante que terá a súa transcendencia nas relacións e na cultura medieval europea, xa que as clases máis privilexiadas de Europa, ata entón maioritariamente analfabetas e con preocupacións exclusivamente guerreiras, comezaron a ter inquietudes culturais e artísticas, este cambio vén determinado polo contacto dos nobres coa cultura árabe, a través das Cruzadas. Deles aprenderon a facer versos, a tocar o laúde ou a cortexar a unha dama, e todo isto converteuse nun sinal de distinción social, igual o maior que saber loitar no campo de batalla. Esta nova sensibilidade chegou a Galicia por dúas vías: por unha banda da man dos trobadores occitanos e franceses que fixeron o camiño de Santiago e pola outra, a través da influencia cultural, que a orde monacal de Cluny de orixe francesa, exerceu sobre a Igrexa daquel tempo e, polo tanto, sobre os fillos dos nobres que con eles se educaban.
Neste ambiente medieval nace o amor cortés que deu orixe a unha amplísima produción lírica ( coñecida co nome de cancó provenzal), desenvolvida no sur de Francia a partir do século XII e posteriormente espallada á Península. Ese amor xurdiu como resultado do contacto da cultura cabaleiresca coa concepción platónica e mística do amor.
• Da cultura cabaleiresca o poeta toma a obediencia, servidume e a a honra que os cabaleiros lle deben ó rei. O cabaleiro poeta rende vasalaxe á súa dama como se esta fose o seu señor. Debe ademais ser discreto e non desvelar a identidade da dama, porque moitas veces estaba casada. Esta é a razón pola que o seu nome aparece oculto baixo pseudónimo ou sinal.
• Do platonismo e da relixiosidade da época os poetas toman a idea dunha amada tan perfecta moral e fisicamente que só se poden dirixir a ela nun plano de veneración case relixiosa.
En canto á poesía trobadoresca galego-portuguesa cultivada por trobadores galego-portugueses e casteláns é resultado do contacto coa cultura trobadoresca de orixe provenzal cunha tradición poética de carácter oral, xa existente no noso territorio. Cultiváronse fundamentalmente tres xéneros: a cantiga de amigo, a cantiga de amor e a cantiga de escarnio. Ademais existen os chamados xéneros menores, composicións que non se inclúen en ningún dos apartados anteriores, como a pastorela, o pranto, a tenzón...
Case toda a nosa produción chegou ata nós a través de códices manuscritos chamados cancioneiros. Conservamos os seguinte:
Cancioneiro de Ajjuda: de finais do século XIII. Descubriuse no pazo portugués de Ajuda. Inclúe case exclusivamente cantigas de amor e está incompleto porque lle faltan os nomes dos autores e a notación musical.
Cancioneiro da Biblioteca do Vaticano. Descubriuse na biblioteca do Vaticano . Inclúe cantigas dos diferentes xéneros. A diferenza do anterior ten o nome dos autores
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Hoxe consérvase na biblioteca que lle deu o nome . É o máis completo dos tres pois ademais de incluír un nº considerable dos diferentes tipos ou xéneros de cantigas, estas van precedidas dun tratado poético que explica as técnicas da composición das cantigas.
Ademais destes 3 cancioneiros conservamos outros textos entre os que destaca O pergamiño Vindel, que contén 7 cantigas coñecidas do xograr Martín Códax e inclúe notación musical que nos permite coñecer a melodía orixinal.

Autores e intérpretes.
TROBADOR. Xeralmente era de condición nobre aínda que ás veces non estaba en boa situación económica. Era o compositor das cantigas, que ás veces el interpretaba. Aparece citado nos Cancioneiros polo nome e apelidos.
XOGRAR. É de condición social baixa. Era o intérprete de cantigas alleas e mesmo podía estar ó servizo dun trobador fixo aparecen citados polo nome, alcume ou lugar de procedencia.
SEGREL. Pertence á clase dos escudeiros burgueses e pequena fidalguía. É un trobador no sentido de que el mesmo é o autor e intérprete das composicións, pero diferénciase do 1º en que cobra pola interpretación das súas composicións nas cortes.
MENESTREL. Instrumentista que acompañaba a interpretación musical das cantigas.
SOLDADEIRAS. Eran mulleres que acompañaban coas danzas e acrobacias as interpretacións. A máis coñecida foi María a Balteira (motivo de moitas cantigas de escarnio).
A CANTIGA DE AMIGO.
A cantiga de amigo ten a súa orixe na lírica popular autóctona anterior ó trobadorismo, aínda que tamén amosa influencias da lírica provenzal. Trátase de breves cancións realizadas por trobadores pero postas en boca dunha muller que expresa os seus sentimentos amorosos cara ó amigo. Este é o sinal distintivo do xénero e sinónimo de amado. O amigo non sempre é invocado directamente, xa que a protagonista pode dirixirse a outros interlocutores como a nai ou outra amiga e, mesmo, a elementos da natureza que aparecen personificados e tamén actúan como confidentes dos sentimentos amorosos da muller.
En todas as cantigas de amigo hai unha serie de motivos ou constantes que se repiten e que reciben o nome de campos sémicos. O campo sémico do panexírico é un canto que a protagonista feminina fai da súa propia beleza e das calidades poéticas do seu amigo. Pode desenrolarse ó longo da composición ou ocupar un lugar marxinal. É o único campo sémico que pode aparecer combinado cos outros. Outro campo sémico é o do amor correspondido e o amor insatisfeito, que representa as dúas caras da relación amorosa entre a moza e o seu amigo. Neste sentido a moza pode expresar ledicia ou coita (tristeza). Por último temos que falar do campo sémico da prohibición, que vén dada pola imposibilidade do encontro dos namorados, unhas veces motivada pola nai que se opón a esa relación, e outras veces motivado por causas de forza maior.
Desde o punto de vista temático, as cantigas de amigo poden ser de varios tipos: as bailadas de orixe tradicional ( pois están presentes en todas as literaturas) eran cantigas que acompañaban os bailes e, contrariamente ó carácter melancólico da maioría das cantigas de amigo, as bailadas expresan a alegría de amar e de vivir. As mariñas ou barcarolas constitúen un grupo importante dentro da tradición da cantiga de amigo, e nelas atopamos sempre a presenza do mar, que non aparece unicamente como escenario no que se sitúa a acción, senón que en moitas cantigas aparece personificado actuando como interlocutor da muller. Outro tipo de cantigas son as cantigas de romaría, de orixe autóctona, (non teñen paralelo noutras literaturas), preséntannos o ambiente das festas campestres ao carón da ermida, onde as mozas buscaban noivo ou se atopaban con el mentres as nais rezaban. O que as caracteriza é, pois, a presenza da ermida ou santuario, elementos que na maioría dos casos son un mero pretexto para o encontro amoroso. Por último están as albas ou alboradas que, na lírica provenzal era un xénero que narraba a despedida dos amantes ao mencer, alertados polo garda do castelo ( o gaita) que anunciaba a chegada do novo día. Con esta caracterización non atopamos albas na nosa tradición, xa que nas composicións galego-portuguesas nas que aparece o motivo da alba, a acción trancorre ó romper o día, e a doncela quéixase da longura das noites nas que o amigo está ausente. Polo tanto no lirismo galego-portugués non se pode falar de alba como xénero, senón de cantigas amigo nas que aparece o motivo da alba como momento no que transcorre a acción.
Desde o punto de vista formal, o trazo máis salientable da cantiga de amigo é o paralelismo. Trátase dun procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira. Cada unha das estrofas soe estar constituída por un par de versos con rima asonada seguido dun estribillo ou refrán (verso ou versos que se repiten ó final de cada estrofa). O paralelismo pode ser perfecto, cando os pares de estrofas están concatenados entre si, pois os segundos versos das estrofas do par anterior son sempre os primeiros versos das estrofas do par seguinte. Este procedemento de concatenación recibe o nome de leixaprén. Pero cando o paralelismo está illado en cada par de estrofas sen unión con outros pares entón falamos de paralelismo imperfecto.
Atendendo a un criterio formal as cantigas de amigo poden ser de meestría ou de refrán. As primeiras son aquelas composicións nas non que se rexistra o consabido refrán ou estribillo e nas que o paralelismo chega case a desaparecer ou está inusitadamente atenuado. Ademais, nelas, o vocabulario amosa xiros propios da cantiga de amor o que revela unha vez máis a contaminación entre os dous xéneros. En canto ás cantiga de refrán son aquelas que levan un estribillo ou refrán ó final de cada estrofa.
En canto ó cómputo silábico, na lírica medieval abranguía ata a última sílaba tónica de cada verso. Na cantiga de amigo os metros máis empregados son os octosílabos e os decasílabos, pero en moitas cantigas de amigo o número de sílabas dos versos é irregular. Esta irregularidade que se dá sobre todo nas de refrán, responde á influencia da tradición lírica autóctona, mentres que o isosilabismo deriva da influencia poética occitana.
Para rematar, podemos dicir que as cantigas de amigo poden ser monologadas ou dialogadas. Nas primeiras, a protagonista feminina fala dos seus sentimentos amorosos invocando ó amigo, ou ben dirixíndose a outros interlocutores ( a nai , as amigas, os elementos da natureza,...etc.) que en ningún caso teñen voz. En canto ás dialogadas, nelas a moza mantén un diálogo co amigo, unha amiga ou máis frecuentemente coa nai.
jueves, 4 de noviembre de 2010
1º BAC. SEMIPRESENCIAL
UNIDADE 2. LIBRO DE RODEIRA
ESTUDO DA LINGUA. PÁX42
1. A resposta é: O cume, a orixe, a peaxe, a ponte, a dor, o legume, a parálise, a calor, o dote, o cárcere, o traxe, o costume, o nariz, a énfase, a marxe, o labor, a arte, a meninxite.
2. Os femininos correspondentes ás palabras propostas son os seguintes:
presidenta, curmá, xuíza, espadachina, doutora, sogra, alcaldesa, gata, elefanta, nora e emperatriz.
3. As formas correctas son:

leis (o singular remata en ditongo e engade –s), cafés (palabra aguda rematada en vogal, engade –s), veráns (remata en -n e engade –s), proxectís (palabra polisílaba e aguda rematada en –l, engade –is), túneles (palabra grave rematadaen –l e engade –es), álbums (remata en consoante distinta de -r, -z ou -s, engade –s),clubs (palabra rematada en consoante distinta de –r, -z ou –s, engade –s), papeis (palabra polisílaba aguda rematada en -el e muda o -l por –is).
4. Os plurais destes compostos son: gardas civís, camións cisterna, chuchameles, sofás, cama, chaves inglesas, xirasoles, mediodías, galegofalantes.
5. Os substantivos derivados dos verbos propostos son os seguintes: crenza, lealdade, estrañeza, tenrura, validez, miudeza, solidariedade, perseveranza, dozura, mocidade,doenza, militancia.
6. As parellas de substantivos son as que se indican de seguido: illa – arquipélago, abella, enxame, carballo – carballeira, soldado – exército, castiñeiro - castiñeira (ou souto) e vela - velame.
7. Os xéneros opostos aos dos adxectivos ofrecidos son: núa, urbano, afgá, temperá, forte, cru e fisterrán.
8. Os adxectivos no número oposto son: útiles, infantil, viles, vilalbeses, xerais, marroquís e cotián.
10. No texto temos cinco adxectivos: antiga (explicativo: indica unha calidade inherente ao substantivo e vai anteposto a el), lugués ( especificativo: restrinxe a extensión do substantivo e vai posposto a el), valioso (explicativo: indica unha calidade inherente ao substantivo e vai anteposto a el), loura (especificativo: restrinxe a extensión do substantivo e vai posposto a el) e negros (explicativo: aínda que a súa posición é típica dun especificativo, indica unha calidade inherente ao substantivo).
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. PÁX 44-45
5. Os diferentes significados do xénero nestas parellas de substantivos son os seguintes:
Diferenza de tamaño (menor / maior): río - ría; pote- pota, manto- manta, agro- agra.
Diferenza individual / colectivo: froito- froita, corno- corna.
Diferente localización: dedos (mans)- dedas (pés).
Diferente concepto: soldado- soldada; tello- tella; coitelo- coitela.
6. A diferenza de significado que produce nas catro parellas de substantivos propostos a presenza ou ausencia do morfema de plural é a que se indica de seguido:
Auga - augas: auga é un líquido incoloro e inodoro en estado puro; utilízase a palabra en plural cando este líquido, debido aos seus constituíntes, posúe propiedades curativas e, por extensión, lugar ou establecemento onde se poden beber estas augas ou bañarse un nelas.
Baño - baños: baño fai referencia á acción e efecto de bañar ou bañarse ou ao cuarto de aseo; a forma de plural alude ao lugar onde se poden tomar baños de carácter medicinal, isto é, a un balneario.
Miolo - miolos: o miolo é a parte interior dunha cousa; os miolos aluden á masa encefálica.
Tempo - tempo: tempo é un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais ou convencionais; tempos é unha referencia xenérica ao tempo que xa pasou.
7. De seguido ten os enunciados comparativos coa partícula ou partículas axeitadas a cada un:
A película foi menos divertida do que eu esperaba.
Eu son máis novo ca ti.
Hoxe quenta o sol máis ca/ que onte.
Aquel restaurante era tan caro como me dixeron.
Eu gaño menos soldo do que ti imaxinas.
Ninguén é tan simpática coma/ como Neves.
Xurxo é menos serio do que vós pensades.
10. A relación de adxectivos sinónimos é a que segue: lacónico– conciso; prolixo– extenso; mordaz– cáustico; elocuente– convincente; incomprensible– inintelixible; vulgar–prosaico e pomposo- ampuloso.
11. De seguido aparece a letra que identifica cada frase feita co seu significado:
E: dicir cousas inapropiadas sen vir a conto.
C: Non ser de todo sincero.
A: Falar con claridade.
D: Criticar duramente.
B: Non dicir nada.
F: Falar sen fundamento, só por dicir algo.

12. Das palabra graves que aparecen no exercicio levan acento as seguintes: mártir, débil, fórceps, alférez, túnel, tándem, tótem, clímax, tórax, carácter, inútil, móbil, Vítor, bíceps, López, líder e Estévez.
13. A relación palabra galega e étimo latino ou francés é a seguinte: polbo – polipu, gravata – cravat, harmonía – harmonia, móbil – mobile, avogado – advocatu, marabilla– mirabilia, pneumático – pneumaticu e varrer - varrere.
14. As palabras do texto son: esaxeración, sumo, caxemira, cuxa, deixaba, seda, groso,
esixente e obxectar.

UNIDADE 1. LIBRO DE TEXTO DE RODEIRA
EXERCICIOS 2 e 4 (PÁXINA 12)
2. Os elementos que aparecen nos actos comunicativos propostos son os seguintes:
A: Emisor: cliente. Receptor: camareiro. Mensaxe: “un vaso de auga, por favor”.Canle: o aire. Código: a lingua falada. Contexto: o bar onde están o cliente e o camareiro.
B: Emisor: eu. Receptor: a amiga. Mensaxe: “Queres que vaiamos ao concerto?”.Canle: a rede. Código: a lingua escrita. Contexto: dúas persoas conectadas a internet con cadanseu ordenador.
C: Emisor: o meu amigo. Receptor: eu. Mensaxe: “non fagas ruído, non digas nada”.Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: unha situación en que cómpre silencio.
D: Emisor: o garda. Receptor: os condutores. Mensaxe: “teñen que parar”. Canle: o aire. Código: xestual. Contexto: o cruzamento con tráfico que conflúe desde distintas rúas.
E: Emisor: o autor (Jesús Tusón). Receptor: os lectores (nós). Mensaxe: “as ideas do autor sobre a comunicación e a linguaxe”. Canle: o papel impreso. Código: a lingua escrita. Contexto: as clases de lingua galega.
4. As funcións da linguaxe que predominan nos enunciados propostos son as seguintes:
Enunciado A: función metalingüística porque estamos empregando o código para explicar conceptos do propio código.
Enunciado B: función expresiva porque amosa un a sorpresa do emisor.
Enunciado C: función poética porque utilizamos a linguaxe en busca dun efecto estético.
Enunciado D: función fática porque verificamos o funcionamento da canle para asegurar a recepción da mensaxe.
Enunciado E: función representativa porque se expresan feitos obxectivos.
Enunciado F: función apelativa porque tratamos de influír nos receptores cunha orde.
EXERCICIOS 1,2 e 4 (PÁXINA 20).
1. As disciplinas lingüísticas ás que corresponden estas afirmacións son as seguintes:
Afirmación A: dialectoloxía (distribución xeográfica dunha variedade).
Afirmación B: sintaxe (función dunha estrutura dentro da oración).
Afirmación C: morfoloxía (estrutura interna da palabra).
Afirmación D: sociolingüística (variantes sociais da lingua, neste caso resultado do contacto de linguas).
Afirmación E: morfoloxía (a forma das palabras, neste caso a manifestación do morfema de plural).
Afirmación F: ortografía (escritura correcta das palabras).
Afirmación G: fonética (indica a pronuncia dun son).
Afirmación H: semántica (menciona a sinonimia que é unha das relacións semánticas).
2. A estrutura morfolóxica das palabras propostas é a que se indica de seguido:
Filliño: fill-: lexema; -iñ-: morfema facultativo diminutivo; -o: morfema constitutivo de xénero.
Prehistoria: pre-: morfema derivativo prefixo; -historia: lexema.
Amigos: amig-: lexema; -o: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.
Pianista: pian-: lexema; -ista: morfema derivativo sufixo.
Ilóxicas: i-: morfema derivativo prefixo; -loxic-: lexema; -a: morfema constitutivo de xénero; -s: morfema constitutivo de número.
4. A resposta sería como segue.
Hoxe: adverbio. Separaban: verbo. Indomable: adxectivo. Gripe: substantivo. E:
conxunción. Desde: preposición. Unha: artigo. Nos: pronome.
EXERCICIOS (PÁXINA 22-23)
3. Os substantivos derivados son os seguintes: seriedade, divindade, notoriedade, brevidade,
soidade, solidariedade, capacidade, bondade e salvidade.
4. Os participios e xerundios dos verbos propostos son:
Crer: crido, crendo.
Rir: rido, rindo.
Abrir: aberto, abrindo.
Escribir: escrito, escribindo.
Bendicir: bendicido ou bendito; bendicindo.
6. As oracións quedan como figura de seguido (lembre que en galego o complemento directo de persoa non leva preposición):
Levei o neno ás carreiras de cabalos.
Esa rapaza enganou os compañeiros cando xogaban ás quedas.
Eles mentíronlles aos seus pais.
Subiron as escaleiras ás escuras.
Coñecín o teu pai o ano en que se celebraron os xogos olímpicos de Barcelona.
Os ladróns atacaron a xoiería e feriron o xoieiro.
Creo que chegan ás dez ou ás once.
Os berros molestaron os veciños, que presentaron unha denuncia.
7. A asociación entre a primeira e a segunda columna queda do seguinte xeito: ladrar –
can; rinchar – cabalo; zunir – abella; miañar – gato; bradar – vaca; ornear – burro; bear– ovella; grallar – corvo e ruxir - león.
8. A asociación é: galiña – pito; porco – bacoriño; vaca – xato; ra – cágado; ovella –
año; cabalo – poldro; cadela – cadelo; can – cadelo; lobeto é a cría do lobo, que debería figurar no cadro superior.
9. Os nomes de colectividades indícanse de seguido e, entre paréntese, o substantivo individual: enxame (abella), restra (cebola), rabaño (ovella), rolada (pito), souto (castiñeiro), palleiro (palla), recua (besta) e manda (lobo).
10. A resposta sería a seguinte:
A primeira oración complétase coa frase feita “a unha carreiriña dun can”; a segunda con “é un can vello”; a terceira con “saíulle a cadela can”; a cuarta con “está sen un can” e a quinta con “ten cara de can”.
12. As palabras son as seguintes:
extremo, estranxeiro, estratexia, exclusivo, enxalzar, escavadora, farinxe, estrañamento, laxe, xastre, xordo, escusa.
13. As palabras son as seguintes:
plantar, frecha, clasificar, flor, claridade, cumprir, pluma, obrigar, compracer, aprazar, global e fraco.
14. De seguido ten o texto acentuado:
Calzado axeitado: hai que elixir cos pés, non coa vista.
Deformidades dos ósos, calos ou dores nos nocellos son só algunhas consecuencias de empregar calzado non axeitado. O pé é unha das partes do noso corpo á que menos atención lle prestamos, pouco conscientes do papel que xoga na nosa saúde e benestar: transpórtannos dun lugar a outro e aturan o noso peso durante boa parte do día, decote embutidos en calzado con tacóns excesivos ou puntas afiadas que co tempo poden provocar lesións irreparables. Trátase dun órgano moi especializado que cómpre coidar e mimar. E un calzado axeitado é o primeiro paso.

CUESTIONARIO DE LITERATURA. TEMA 2
CUESTIONARIO DE LITERATURA. TEMA 2
1. Quen son os responsables da renovación lírica no 1º terzo do século XX?
A renovación lírica, no 1º terzo do século XX, chegará da man dos poetas novos das vangardas (tamén coñecidos como xeración do 25). Esta xeración está constituída polos escritores nados arredor de 1900, que pretenderon romper coa lírica anterior e darlle un aire de modernidade á nosa poesía, incorporando a estética das vangardas europeas. Entre eles podemos mencionar a Manuel Antonio, Amado Carballo, Fermín Bouza Brey,….etc
2. Onde xorden os movementos de vangarda e que pretenden?
Os movementos de vangarda xorden en Europa, no 1º terzo do XX, coa pretensión de renovar os diferentes eidos da creación artística e, moi especialmente, a poesía.
3. Cal é a fonte de inspiración do poeta vangardista?
O poeta vangardista vaise inspirar no mundo que o rodea, facendo del unha realidade nova.
4. Como expresan as súas ideas estéticas os poetas vangardistas?
Todos adoitan expresar as súas ideas estéticas a través de manifestos. En galego o único manifesto vangardista foi o “Manifesto máis alá”, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Pero os nosos poetas vangardistas tamén utilizaron como medio de difusión da estética vangardista as revistas, a maior parte delas bilingües, como Alfar e Resol (a 1ª en Coruña e a 2ª en Santiago), Ronsel ( en Lugo nos anos 20) e Cristal (en Pontevedra) entre outras.
5. Cal é a característica común a todos os movementos de vangarda e por que chegaron a se manifestar na literatura galega do momento?
Os movementos de vangarda, que se caracterizan pola súa heteroxeneidade, tiveron proxección na literatura galega do momento e, moi especialmente, no xénero lírico, grazas ó camiño aberto pola Xeración Nós, de quen herdaron esa actitude universalizadora.
6. Por que os poetas galegos vangardistas non se arredaron totalmente da tradición?
Non obstante, os nosos poetas non se arredaron totalmente da tradición nin da idiosincrasía galegas, debido á influencia de dous factores: o espírito nacionalista das Irmandades da Fala e a relación cos poetas portugueses e, en concreto, co saudosismo ( movemento de vangarda que rende culto ao sentimento da saudade). Estes dous condicionantes fixeron que os poetas galegos non chegaran a deshumanizarse do mesmo xeito que o fixeron, no resto de Europa, os cultivadores dos diferentes –ismos europeos.
7. En que apartados se poden clasificar os poetas galegos vangardistas?
Inicialmente podemos clasificar os poetas vangardistas galegos en dous apartados diferentes: por unha banda falaremos dos seguidores dunha corrente vangardista moderada cunha base tradicional e, pola outra, estarían os seguidores dunha vangarda plena, cunha poesía máis novidosa.
8. Que -ismos se inclúen na corrente vangardista moderada? Explícaos e menciona os autores e obras máis representativos.
Na corrente vangardista moderada podemos mencionar, en 1º lugar, o neotrobadorismo, que xorde na década dos 20 debido á descuberta da poesía medieval e á súa difusión por parte do Seminario de Estudos Galegos. Este movemento caracterízase por recuperar os procedementos estilísticos propios das cantigas medievais, como o paralelismo ou o leixaprén. Nesta liña atópanse as obras de Fermín Bouza Brey, Seitura e Não Senlleira. De carácter neotrobadoresco son tamén os libros de Álvaro Cunqueiro, Dona do corpo delgado e Cantiga nova que se chama Riveira, este último máis fiel aos modelos medievais e menos innovador có anterior.
Na mesma liña de vangarda moderada tamén se atopa o hilozoísmo. É un movemento de temática paixasítica, xa existente na nosa tradición, pero exenta de elementos ruralistas, na que o elemento humano desaparece para deixar paso a unha natureza personificada. Ademais, caracterízase por combinar os recursos metafóricos propios das vangardas, coas formas tradicionais da nosa poesía ( verso curto, con predominio do octosílabo, rima asonante,….), aínda que o recurso máis empregado é a animación ou personificación dos elementos da natureza. O autor máis representativo desta tendencia é Luís Amado Carballo coas súas obras Proel e O Galo, nas que reflicte a paisaxe da súa terra, a quen atribúe calidades humanas. Na tendencia hilozoísta tamén se inscriben as obras Orballo de media noite, de Roberto Blanco Torres, Versos a tres cás o neto, de Euxenio Montes e Fírgoas de Luís Acuña.
9. Que -ismos se inclúen na corrente vangardista plena? Explícaos e menciona os autores e obras máis representativos.
Destaca o creacionismo, que é o movemento de vangarda máis rupturista e, polo tanto, máis innovador. Foi iniciado en París polo poeta chileno Vicente Huidobro, e no escenario galego o seu máximo representante é Manuel Antonio, que foi o que máis teorizou sobre os movementos vangardistas, principalmente no “Manifesto máis alá” e en “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”.
10. Que trazos da poesía vangardista de M. Antonio son comúns ao resto das vangardas europeas?
Na súa poesía, exenta dunha actitude de compromiso, introduce moitos tecnicismos e tamén o humor, mediante a ridiculización de elementos, que noutra época tiveron un valor diferente. Ademais, e coincidindo co resto das vangardas, nos seus poemas non hai unha orde cronolóxica (busca un efecto de atemporalidade), nin secuencia narrativa, o que lle permite presentar a realidade desde diferentes puntos de vista, utilizando, funfamentalmente, as imaxes para resaltar os trazos anteriormente citados.
11. En que trazos da súa poesía vangardista, M. Antonio se afasta do resto das vangardas europeas?
Na súa obra hai presenza de unidade temática, concretamente no seu libro De catro a catro, no que o mar é unha constante en todos os poemas. Ademais, os seus versos non están totalmente desprovistos de sentimentalismo e así, en moitos deles, afloran sentimentos como a saudade, o pesimismo ou a soidade, froito da reflexión sobre a natureza humana.
12. Cal é a produción lírica de M Antonio no 1º terzo do século XX?
O seu libro De catro a catro é o único poemario que se coñeceu ata que Domingo García Sabell fixo unha recompilación da súa obra completa, co título de Poesías , que recolle as obras: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois (nas que mestura elementos tradicionais, con elementos vangardistas e modernistas), Viladomar (que representa a etapa final da produción de M. Antonio e nela retoma as formas tradicionais) e De catro a catro, que representa a renovación da poesía da poesía galega, mediante a presenza de trazos vangardistas, como a utilización de versos irregulares, espazos en branco, xustaposicións de imaxes,…etc.
13. Que outros poetas, ademais dos mencionados, contribuíron á renovación lírica no 1º terzo do XX?
Outros autores que tamén contribuíron á renovación da nosa lírica, tal é o caso de Federico García Lorca con Seis poemas galegos, Aquilino Iglesia Alvariño con Corazón ao vento, no que mestura saudosismo e hilozoísmo, e o xa mencionado Álvaro Cunqueiro con Mar ao norde e Poemas do si e non, nos que observamos influencias cubistas e surrealistas.
.

CUESTIONARIO LITERATURA. TEMA1
CUESTIONARIO DE LITERATURA. TEMA 1
1. Que factores determinaron a consolidación do nacionalismo galego, no 1º terzo do século XX?.
A aparación das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, a Xeración Nós e o Partido Galeguista.
2. Que son as Irmandades da Fala e cal foi o seu labor?
As Irmandades da Fala, foron asociacións culturais (creadas en 1916 polos irmáns Vilar Ponte), que a partir da defensa da lingua desenvolveron todo un ideario reivindicativo político e nacionalista. No campo da cultura deseñaron os primeiros intentos de normalización lingüística, potenciando o uso do galego na escola, con publicacións de carácter pedagóxico, e promovendo aqueles xéneros literarios, pouco cultivados ata o momento, como a novela e o teatro.
3. Que papel desempeñou o Seminario de Estudos Galegos no proceso normalizador?
Seminario de Estudos Galegos é o responsable de que se publicaran importantes traballos científicos na nosa lingua.
4. Como contribuíu o Grupo Nós á consolidación do nacionalismo galego?
Os homes de Nós, que tamén se integraron no Seminario, contribuíron, moi especialmente, á consolidación do nacionalismo, realizando a 1ª definición teórica do mesmo, que aparece recollida no ensaio de Risco Teoría do nacionaliso galego. Ademais, participaron na formación do Partido Galeguista e protagonizaron múltiples accións que contribuíron á elaboración do malogrado Estatuto de Autonomía.
5. Que é o que caracteriza a produción literaria nos primeiros anos do século?
Que serán unha continuidade do século anterior, no sentido de que a lírica segue a ser o xº máis cultivado.
6. Cales son os poetas que marcan esa continuidade co Rexurdimento e en que escolas ou tendencias literarias se inscriben?
Dous serán os poetas que van marcar esa continuidade co Rexurdimento decimonónico: Noriega Varela e Ramón Cabanillas, representantes, respectivamente de dúas escolas poéticas diferentes: a Escola Tradicionalista e a Escola Renovadora.
7. Por que se caracteriza a Escola Tradicionalista e cal é o seu máximo representante?
Porque nela se integran todos aqueles poetas que rexeitan a influencia de modas e literaturas alleas. O seu máximo representante é Noriega Varela.
8. Cal é a produción literaria de Noriega Varela?
Toda a súa obra aparece recollida nun único volume titulado Do ermo, que pasou por varias edicións. A 1ª aparece baixo o título de Montañesas. E as posteriores, que sufriron varias modificacións, aparecen co título Do ermo.
9. Que dúas tendencias se poden apreciar na produción poética de Noriega Varela e cales son os trazos que as caracterizan?
Na súa produción podemos distinguir dúas tendencias: unha poesía constumista e unha apartado de lirismo da natureza. En canto á 1, ª N. Varela segue a liña decimonónica, elaborando composicións que glosan a dura vida dos labregos, centrada arredor da montaña (a ela pertencen a maioría das pezas publicadas na 1ª edición). Mentres que no apartado do lirismo da natureza, quedan incluídos aqueles poemas nos que N. Varela abandona o realismo labrego adoptando un ton culto e refinado e centrándose no intimismo máis puro, arredor da soidade do ermo da montaña.. Tamén trata outros temas que se achegan aos tópicos clásicos latinos como o locus amoenus da montaña, a morte ou o paso do tempo. Ademais, nestas composicións máis líricas, podemos apreciar a influencia dos poetas portugueses, na utilización do soneto e na elección dun vocabulario culto, tirado , moitas veces, do propio portugués.
10. Que outros autores coñeces da Escola Tradicionalista?
Tamén se inclúen na Escola Tradicionalista a Xosé Crecente Vega, autor dunha única obra, A Codeseira, pero de gran influencia na poesía ruralista de posguerra, e a Gonzalo Abrente, autor de Nemancos, e Centileo nas ondas.
11. Por que se caracteriza a Escola Renovadora e cal é o seu máximo representante?
Porque o seus seguidores sen rexeitaren a tradición literaria do Rexurdimento, non renuncian a actualizar os temas e as formas da súa poesía, adoptando modelos foráneos. O seu máximo representante é Ramón Cabanillas.
12. En que tendencias ou apartados adoita agruparse a produción poética de Ramón Cabanillas?
Adoita agruparse en dous apartados: o de poesía lírica e o de poesía narrativa.
13. Cales son as obras máis representativas da poesía lírica de Cabanillas?
Neste apartado inlúense obras como No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada ou a Rosa de cen Follas.
14. Cales son as liñas temáticas que podemos distinguir na poesía lírica de Ramón Cabanillas.
No conxunto da súa poesía lírica distinguiremos tres liñas temáticas: poemas intimistas nos que, por influencia dos poetas románticos , afloran sentimentos como o amor (presente en A Rosa de Cen Follas), ou o sentimento dorido da vida (presente nalgunhas composicións de Vento Mareiro). Noutros casos atoparemos unha poesía combativa ou de reivindicación, moi na liña de Curros, pero sen o seu anticlericarismo, nos que Cabanillas recolle os postulados reivindicativos do agrarismo e das Irmandades. Por último, tamén ten poemas costumistas, nos que se afasta da estética decimonónica (que se limitaba a reproducir tipos e costumes), e que moderniza, introducindo novidades das novas correntes europeas como os mundos exóticos (trazo propio do modernismo) ou o humor, que utiliza na descrición dese mundo rural.
15. Cales son as obras máis representativas da poesía narrativa de Cabanillas?
No apartado de poesía narrativa inclúese Na noite estrelecida, considerado pola crítica como un dos mellores poemas da nosa literatura, que trata o tema da demanda do Santo Graal e o Ciclo Artúrico, estruturado en tres sagas, e situado nun ambiente galego. De carácter narrativo son, tamén, Samos no que describe a vida e historia deste mosteiro, e O bendito San Amaro, considerado como unha especie de biografía poética deste santo.

CUESTIÓNS DE FONÉTICA E FONOLOXÍA
CUESTIÓNS SOBRE FONÉTICA E FONOL0XÍA.
1. Que é un dígrafo?.
Dúas letras que representan un mesmo fonema.
2. Que é un fonema?
A unidade máis pequena na que se segmenta o signo lingüístico, sen significado pero con valor distintivo.
3. Que é un son?
A realización física e concreta dun fonema.
4. Que é unha grafía?
A representación gráfica dun fonema.
5. Cal é o trazo que opón as vogais palatais ás velares?
A localización ou punto de articulación.
6. Poderían ter o fonemas máis dunha representación gráfica?. Pon exemplos.
Si, por exemplo o fonema oclusivo bilabial sonoro /b/ represéntase mediante dúas grafías b ou v. Ou o fonema oclusivo velar xordo /k/ que se representa mediante a grafía c ou o dígrafo qu
7. Cal é a diferenza entre ditongos crecentes e decrecentes?.
Que nos ditongos crecentes as vogal débil aparece na marxe explosiva da sílaba e nos ditongos decrecentes aparece na marxe implosiva.
8. Cantos fonemas consonánticos hai en unha?
Hai un único fonema consonántico, a nasal velar sonora representada mediante o dígrafo nh.
9. Cal é o elemento fundamental da sílaba?.
O núcleo en el sempre aparece unha vogal.
10. A secuencia IU/UI é hiato ou ditongo? E cando leva til? Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Se vai en sílaba átona é sempre ditongo. En sílaba tónica, se a maior forza de voz recae no 1º elemento é ditongo e leva til segundo as regras xerais de acentuación. Ex: pediu. Se a maior forza de voz recae no 2º elemento, é hiato e leva til sempre para indicalo. Ex: miúdo. Pero cando esa secuencia vai precedida de consoante velar, aínda que a maior forza de voz recaia no 2º elemento, considérase ditongo e levará til segundo as regras de acentuación. Ex: acuífero, bilingüismo.
11. Indica os trazos que permiten opoñer os seguintes pares de fonemas:
/f/-/s/:punto de articulación. /b/-/t/: punto de articulación e tarzo e xordo-sonoro, /m/-/n/ punto de articulación, /l/-/m/: modo de articulación e punto de articulación, /r/-/l: modo de articulación, /k/-/g/: punto de articulación e trazo xordo-sonor, /a/-/e/punto de articulación e abertura, /o/-/e/: punto de articulación e /i/-/u/: punto de articulación.
12. Que é a gheada?.
É a realización da oclusiva velar sonora /g/ como unha aspirada farínxea [h]. Na escrita a pronuncia con gheada represéntase mediante o dígrafo gh. Ex. ghato.
13. Que é o seseo?. Que tipos de seseo coñeces?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
É a realización da fricativa interdental xorda /θ/ como unha fricativa alveolar xorda [s]. O seseo pode ser implosivo se se dá na posición implosiva da síaba. Ex. lus (no canto de luz), explosivo se se dá na posición explosiva da sílaba. Ex. casar (no canto de cazar), ou total se se dá en todas as posición.
14. Por que en posición tónica o sistema vocálico do galego ten 7 fonemas e 5 grafías para representalos?.
Porque nas vogais de abertura media, en posición tónica hai diferenza entre abertas e pechadas, ou dito doutro xeito, porque nas vogais de abertura media o grao de abertura é pertinente.
15. Que trazos permiten opoñer as vogais ás consoantes?.
Que as primeiras son todas sonoras (as consoantes poden ser xordas e sonoras), que nelas o aire sae libremente pola boca sen atopar ningún obstáculo (nas consoantes atopa algún obstáculo na saída pola boca) e que as vogais son sempre silábicas ( aparecen sempre no núcleo polo que poden constituír sílabas por si mesmas), fronte ás consoantes que son asilábicas, isto é, aparecen sempre nas marxes da sílaba.
16. Define os seguintes fonemas: /b/ oclusiva bilabial sonora, /k/oclusiva velar sonora, /s/fricativa alveolar xorda, /m/nasal bilabial sonora, /f/fritcativa labiodental xorda, /θ /fricativa interdental xorda , /t/, /∫/ fricativa palatal xorda, /l/lateral alveolar sonora, /r/ vibrante múltiple alveolar sonora e/p/oclusiva bilabial xorda.
17. Que é un tritongo?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Cando unha secuencia de tres vogais forman parte da mesma sílaba, para iso nas marxes teñen que aparecen vogais débiles e no núcleo unha vogal forte. Ex. cambiei
18. Cales son os trazos comúns a todas as vogais?.
Que son todas sonoras, nelas o aire sae libremente pola boca sen atopar ningún obstáculo e son sempre silábicas
19. Cantos fonemas ten o sistema vocálico do galego en posición final? Razoa a resposta.
Só tres fonemas, un de abertura máxima /a/ e dous de abertura media /e/, /o/. En posición final absoluta non hai vogais de abertura mínima nas voces patrimoniais do galego, é por iso que nesta posición, o sistema vocálico do galego aparece reducido a tres fonemas coas súas correspondentes grafías.
20. Pode existir unha sílaba sen marxes silábicas?. Pon exemplos que xustifiquen a túa resposta.
Si, porque o núcleo silábico é suficiente para formar unha sílaba. Ex. a-noi-te-cer, unh-a

domingo, 6 de junio de 2010
No exame de mañá, a pregunta do libro de lectura será do último relato. Ademais o exame consistirá nun texto do que tirarei as diferentes preguntas de gramática. Nel, teredes que buscar perífrases, verbos semirregulares, teredes que segmentar formas verbais, buscar demostrativos con valores especiais, ....etc.
domingo, 21 de marzo de 2010
SÍNTOO PERO ESTIVEN TODA A FIN DE SEMANA SEN CONEXIÓN A INTERNET.
TEMA 8.O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
O resultado da guerra do 36 orixinou, como xa sabemos, un prolongado silencio editorial e literario en Galicia, que inicia a súa recuperación a comezos dos anos 50, e o xénero teatral, neste sentido, non foi unha excepción. Ata este momento os problemas do teatro galego non fixeron máis que incrementarse, pois non era fácil editar obras e moito menos representalas, agás as que escenificaban os Coros Populares, fundamentalmente zarzuelas como Non chores Sabeliña! de Trapero Pardo.
Mais a posta en marcha da editorial Galaxia coa súa revista Grial e coa colección “Illa Nova” significarán un pulo decisivo no proceso de recuperación do teatro galego, xa que facilitará a publicación de pezas de gran valor literario, pero que só excepcionalmente chegaban a ser representadas, polo que se trata dun teatro máis destinado á lectura que á representación. Entre esas obras podemos mencionar O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, sen dúbida a obra máis importante da produción dramática de Cunqueiro, na que recrea a obra de Shakespeare mesturada co mito clásico de Edipo. A noite vai coma un río, e Palabras de víspera son outras pezas do mesmo autor.
Xunto con Álvaro Cunqueiro convén mencionar a outros autores dramáticos como Blanco Amor e Carballo Calero. O 1º iniciou o seu labor teatral en Bos Aires e continuou, despois, en Galicia, nos anos sesenta, converténdose nunha das principais figuras do teatro independente con obras como Farsa para títeres ou Teatro para a xente. En canto a Carballo Calero, o seu é un teatro que unhas veces se sitúa na tradición galega, mediante a recreación de temas populares como sucede en Farsa das zocas, mentres que noutros casos como en Auto do prisioneiro, bebe das correntes europeas.
Os dramaturgos anteriores, e sobre todo o altísimo nivel das súas obras, serviron de estímulo a unha promoción de autores máis novos como Daniel Cortezón, Mª Xosé Queizán, Bernardino Graña e Xohana Torres, entre outros, que pertencen á chamada “Xeración dos 50”, e constitúen a 1ª xeración de autores posterior á Guerra Civil.
O seu labor creador está condicionado por unha fonda preocupación social, polo que o texto dramático, sen descoidar a súa calidade, convértese no instrumento co que nos ofrecen unha visión crítica da realidade, abordando temas moi heteroxéneos que van desde a recreación histórica ata o drama psicolóxico. Concretamente Daniel Cortezón é partidario dun teatro comprometido que contribúa a evitar a perda da memoria histórica. Nesta liña están as súas obras máis representativas Prisciliano, ou Pedro Madruga. Pola súa banda, Xohana Torres tamén contribuíu a engrosar o repertorio galego con pezas como A outra banda do Iberr e Un hotel de primeira sobre o río, nas que as figuras femininas asumen un papel decisivo na defensa da Terra, e encarnan a vivencia da dor que supón o seu abandono e destrución.
Mª Xosé Queizán con Antígona ou a forza do sangue (situada nun ambiente medieval galego) e Bernardino Graña con Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán), son outros autores que integran esta “Xeración do 50”.(nesta peza critica o poder do diñeiro e a vida alienada do ser humano)
A partir do remate da década dos 60 o teatro experimenta un gran desenvolvemento grazas a aparición de grupos como O Facho ou Teatro Popular, que pretendían rescatar o teatro das salas convencionais e comerciais para achegalo ao pobo tanto urbano como rural.
Pero o feito máis relevante no desenvolvemento da nosa dramaturxia foi a Mostra de Teatro de Ribadavia (que se celebrou anualmente entre 1973 e 1980). Trátase dun certame teatral que serviría de plataforma de lanzamento de numerosos autores, que se caracterizan por estar vinculados de forma directa á práctica teatral, e por facer un teatro comprometido coa realidade socio-política do momento, conxugando tendencias da dramaturxia europea coa tradición galega. Entre os dramaturgos que participaron neste certame covén salientar os son coñecidos colectivamente co nome de “Grupo Abrente” no que se inclúen Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Roberto Vidal Bolaño..
De todos eles Manuel Lourenzo é o máis prolífero con pezas de carácter clásico como Electra (onde retoma mitos da tradición grega), outras de carácter histórico como Xoana (onde recupera figuras do pasado histórico como Xoana a Tola, ofrecéndonos unha visión anovada dela), e tamén pezas próximas ao teatro experimental, situadas no momento presente, nas que aflora unha dimensión fortemente incoformista e crítica coa sociedade actual. Nesta liña están Veladas indecentes e Insomnes.
Roberto Vidal Bolaño é autor de pezas nas que incorpora personaxes e contidos propios da dramaturxia popular galega como Ledaíñas pola morte do Meco ou Baidadela da morte ditosa, mentres que noutras como Actas escuras, aborda os aspectos máis conflitivos do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago, e tamén ten pezas como Saxo Tenor que pretende ser unha crítica da sociedade do momento.
O terceiro integrante do Grupo Abrente, é Euloxio Ruibal como Zardigot , coa que se dá a coñecer, e unha traxedia experimental na que reflicte a Guerra Civil e á súa incidencia nunha familia galega, ou Azos de esguello , un retrato cruel e despiadado da vida cultural galega.

jueves, 11 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)